«Galician Language: Pride and Survival», dirixida por Molly Carr


«Galician Language: Pride and Survival», presentado tamén coa lenda ou subtítulo de «A film about the Galician Language», son dez minutos de película, dirixida por Molly Carr, narrados en inglés e con intervencións de varias persoas galegas que se subiu hai tres semanas (15/06/2012 ) na canle mollydiana en youtube.
Velaquí unha magnífica mostra de proxección exterior da nosa lingua, ese mesmo labor que brilla pola súa ausencia na Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Parabéns a Molly Carr pola realización desta curta. E a gozardes destes dez minutos. Para enorgullármonos do noso, para sermos nós propios.

Esta entrada foi publicada en Cinema, Historia, Lingua. Garda a ligazón permanente.