Fotobiografía (oculta) de Xosé Fernando Filgueira Valverde

FilgueiraValverde01
(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Estes días de maio choven os libros que santifican ao polígrafo Xosé Fernando Filgueira Valverde, agás o interesante A poesía oculta de Filgueira Valverde, que se subtitula Guerra Civil, literatura franquista e galeguismo n’ O Gaiteiro de Lugo, da autoría do profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato, publicado en Baía Edicións.
A maioría das achegas (por non dicir todas coa mentada excepción) corren un tupido veo sobre o pasado franquista do polígrafo pontevedrés e, por suposto, non recollen a imaxe que ilustra esta breve anotación, como tampouco o fan no sitio web da súa Fundación, e que eu tomei dun artigo para o debate que publicou o historiador Prudencio Viveiro Mogo no seu blogue Desfacendo os cadullos. Comentarios de libros e algo máis e que se pode ler nesta ligazón.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Estudos literarios, Fotografía, Historia, Lingua, Política. Garda a ligazón permanente.