Fisterra na listaxe negra do informe «Destrución a toda Costa 2013» da organización Greenpeace



(premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
A organización ambientalista Greenpeace vén de facer público onte (8 de agosto) o seu informe anual «Destrucción a toda costa 2013. Análisis del litoral a escala municipal», no que as costas galegas non se salvan da desfeita, malia estarmos aínda lonxe dos niveis de deteriorización e ocupación do litoral das costas do mediterráneo.
Nesta publicación tamén hai unha chamada de atención para a Costa da Morte, en concreto para o Concello de Fisterra que aparece no segundo posto dos «Municipios con mayor aumento de ocupación (1987-2005)», polo tanto nos últimos anos, cunha porcentaxe do 34%, empatada con Rianxo tamén co 34% e por detrás de Cangas do Morrazo co 44%. Malia a desfeita, aínda continúa a estar na listaxe dos 155 concellos galegos menos urbanizados, polo que a racionalidade aínda é posible.
Greenpeace avoga por unha serie de medidas correctoras, sendo a primeira a inmediata derrogación da nova Lei de Costas. Velaquí o parágrafo de presentación do Informe, que se pode consultar nesta ligazón.
«En las últimas dos décadas, la costa española ha perdido una superficie equivalente a ocho campos de fútbol al día.
Durante más de 13 años, Greenpeace ha denunciado la destrucción de un recurso tan preciado e importante como es el litoral. Cada año, con la elaboración de su informe Destrucción a Toda Costa, la organización ha analizado las principales amenazas del litoral».

Esta entrada foi publicada en Manifestos. Garda a ligazón permanente.