(Escudo nobiliario da Casa do Arco. Foto da páxina do Concello de Laxe. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Reproducimos esta necrolóxica do ex-alcalde laxense Xosé Luís Castro que publicou o presidente do Seminario de Estudos Comarcais (Semescom) Xosé María Lema Suárez nos xornais El Correo Gallego e La Voz de Galicia (este último sen rastro na rede para o público xeral, pois seica a todos os contidos só poden acceder os subscritores). Compartimos o noso pesar pola perda deste galeguista. Velaquí o texto ao completo:
Xosé Luís Castro Fernández (Laxe, 1947) estudara en Madrid no anos 60, onde colaborara co grupo Brais Pinto (especialmente cos pintores e debuxantes Reimundo Patiño e Xaquín Marín, e co cineasta Alexandre Cribeiro). De volta a Galicia, en 1972 entrou a traballar no Centro territorial de TVE de Galicia como realizador de programas como “Panorama de Galicia”, pioneiro na emisión de noticias en lingua galega, creado en 1974 polo recordado locutor Luís Mariñas. Toda a súa vida laboral transcorreu no ente TVE-G ata que se tivo que prexubilar por culpa da súa enfermidade. Como realizador lembramos o documental histórico “Galicia na transición”, co historiador Justo Beramendi de guionista. Agora que estamos a piques de entrar no entroido lembramos reportaxes súas como O entroido dos xenerais da Ulla, que debera ser levado polas escolas polo seu didactismo, pois explica de maneira moi clara e sucinta o desenvolvemento deste peculiar entroido. Para a Sociedade Recreativa de Calo (Teo) tamén realizara, en 1993, o documental Teo, ás portas de Compostela. Os dous documentais está colgados no web http://www.concellodeteo.com/multimedia/videos.php?lg=gal.
Pero Castro tamén será recordado polo seu compromiso político e pola súa valiosa contribución á normalización da lingua galega nos últimos anos do franquismo e na primeira transición. En 1975, aínda en vida de Franco, aceptou ser designado polo gobernador civil da Coruña alcalde de Laxe, a súa vila natal. Eran os anos en que se pretendía instalar unha celulosa en Cospindo (Ponteceso), e había que evitalo, cousa que se logrou. Non obstante, Castro será recordado por ser a primeira autoridade en oficializar a forma galega dun topónimo, devolvéndolle así á súa vila o seu nome real. Era o ano 1976 e a lexislación aínda era a franquista. Contra o que el pensara, non atopou ningunha oposición por parte das autoridades, e esta vila mariñeira se converteu no símbolo da normalización toponímica galega (por aquel tempo un taxista rianxeiro fora multado por rotular ‘Rianxo’ no seu taxi). En Laxe casou con Ana María Fernández, que daquela exercía de mestra na vila, e logo virían a vivir para a nova urbanización Os Tilos (Teo), ás portas de Compostela. Xosé Luís volvería á política e, de 1987 a 1991, foi concelleiro de Teo encabezando a lista do PSG-EG. Foi o primeiro edil en solicitar, polo seu simbolismo histórico, un monumento conmemorativo para a Batalla de Cacheiras, que tivera lugar o 23 de abril de 1846, e que rematara cos fusilamentos de Carral. Loitou tamén pola resolución dos problemas dos veciños de Teo en xeral. Se o parque da urbanización Os Tilos ten a amplitude que ten hoxe, en boa parte débese á teimosía do concelleiro Castro, que lle esixiu ó goberno municipal a recuperación de máis de 3.000 metros cadrados que faltaban na zona verde; a intención da alcaldía teense era deixar construír aínda máis edificios na parte alta do parque, co que este quedaría moi reducido. Hoxe Os Tilos pode presumir de ter unha das mellores zonas verdes da contorna compostelá. Vaian as nosas condolencias a Ana, a súa dona, e a Daniel, o seu fillo, e a toda a súa familia.
O AUTOR É PRESIDENTE DO SEMINARIO DE ESTUDOS COMARCAIS DE COSTA DA MORTE
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta