(Premer na imaxe para unha mellor lectura)
A Feira do Libro de Cee 2013 está xa no seu ecuador e onte, alén de botar case todo o día na caseta da libraría Á lus do candil, do poeta Modesto Fraga e a súa compañeira Alba Rodríguez, para asinar exemplares das miñas obras, tamén estiven de público nas presentacións da xornada: o poemario Viaxe ao interior da fenda (Sotelo Blanco) de Serxio Iglesias, a quen introduciu o narrador Marcos Giralt Torrente, e a obra infantil Fadita Fosca! (Baía Edicións) de Miguel Vázquez Freire, a quen acompañou o ilustrador Xosé Tomás. Unha breve estadía no concerto de Xardín Desordenado e a noitiña estiven cabo de Xilberto Caamaño Beiro, presidente de Monte Pindo Parque Natural, e dos poetas Marilar Aleixandre, David Creus e Miguel Vázquez Freire, para presentarmos o volume colectivo Versos no Olimpo. O monte Pindo na poesía galega, que coordinei xunto a Francisco «Chisco» Fernández Naval, editado por Toxosoutos, en coedición coa Asociación Monte Pindo Parque Natural, e grazas ao crowfunding ou microfinanciamento colaborativo de moitas persoas, como xa se contou aquí.
A Feira do Libro abriuse o domingo 11, co pregón de Xosé Neira Vilas, e ese mesmo día a edición comarcal de La Voz de Galicia, en Carballo, publicou o artigo da miña autoría que reproduzo deseguida:
Feira do Libro de Cee: de 1945 ao 2013
Unha licenza literaria permíteme imaxinar que houbo unha (inexistente) Feira do Libro de Cee no ano 1945. Non houbo tal, mais o concello, ou «ayuntamiento» naquela altura, fixo unha merca de libros en agosto de 1945. Así nolo lembra José Ramón Rey Senra, Licenciado en Xeografía e Historia e Técnico da Biblioteca Pública Municipal «Francisco Mayán» nesa excelente e interesante sección que publica anualmente no Programa das Festas baixo o título «Historia Anecdótica de Cee através dos libros de actas do pleno».
Na súa compilación deste ano recolle unha síntese dos acordos plenarios máis importantes desde o ano 1943 até o 1946. Pois ben, na sesión celebrada o 14 de agosto de 1945 recolle, entre outros acordos varios, o seguinte: «Por outra banda, a proposta da Presidencia, tómase o acordo de adquirir dous exemplares da obra Francisco Franco». O alcalde-presidente era Juan Lastres García e a anotación remata aí, polo que supoñemos que se trata dunha biografía do ditador franquista da que descoñecemos a autoría e a editorial. Pouco ou nada importa.
Por sorte moito mudaron as cousas, malia existiren alcaldes como o de Baralla (Lugo) que lle negan lexitimidade ás vítimas do franquismo. A día de hoxe a nosa vila acolle, máis unha vez, a súa tradicional Feira do Libro, cuxo pregón será lido por Xosé Neira Vilas e onde se presentarán varios libros de sobranceiros autores e autoras da vila e da comarca.
Desde aquí, e para enriquecer o Fondo Local da Biblioteca Pública Municipal «Francisco Mayán» suxerimos mercar dous exemplares destes volumes publicados en 2012/2013 e que teñen moito a ver con Cee, quer pola súa autoría quer polo seu contido, aínda que é posible que esquezamos algún nome ou algunha obra. Non deberían faltar nesa adquisición os volumes colectivos Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega e Versus Cianuro, ambos e dous con numerosos poetas da zona; Luces, bicos e cores; Misterio Resolto e Catuxa quere saber, todos tres de Concha Blanco; Acuario; Xiana, a nena pirata e Viaxes de inverno, todos tres de María Canosa; Universo Pitágoras, de Rocío Leira; Patente de Corso, de Rafa Villar; Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez e Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte, do mesmo en coautoría con José María Laredo Cordonié; Viaxe ao interior da fenda, de Serxio Iglesias; Fadita Fosca!, de Miguel Vázquez Freire ou Poesía Completa de Gonzalo López Abente, Rebelión na charca ou Breizh, de quen isto asina, e aos que se poderían xuntar outras moitas obras relacionadas coa Costa da Morte.
Case setenta anos despois de que o «ayuntamiento» mercase dous devocionarios franquistas en 1945, hoxe temos unha longa listaxe de obras que se expresan na nosa lingua para falaren da nosa realidade e de nós propios. Saúde e Literatura!
Miro Villar
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta