Falamos de pronomes átonos…


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Moi boa a ilustración ou viñeta (quadrinho em português) de Gonzalo Vilas no dixital Dioivo sobre os usos lingüísticos do actual presidente da Xunta de Galicia. Porén, a incorrecta colocación do pronome átono non é patrimonio exclusivo do inquilino do Pazo de Monte Pío, xa que cada vez máis chía nos meus oídos na voz de galeguistas e nacionalistas, mesmo de moitos que fachendean de monolingüismo. E na miña última experiencia docente nas aulas en Fisterra tamén era habitual entre alumnado que tiña o galego por lingua de seu e habitual. Así pois, a calidade lingüística tamén debería facer parte das campañas de normalización e debería ser tan importante coma o feito de manifestármonos o próximo 17 de maio na rúa na convocatoria que realiza a plataforma Queremos Galego. Vaia, principiamos botando unhas risadas e rematamos un pouco a serio, mais tamén é necesaria a chamada de atención.

Esta entrada foi publicada en Banda deseñada, Humor, Lingua, Manifestos, Política. Garda a ligazón permanente.