(Na Quintana, coa intérprete de signos e a presentadora Comba Campoy. Premer para agrandar o tamaño)
A entidade MaOs, Innovación Social, S. Coop. Galega vén de recoller no seu sitio web unha crónica da Homenaxe compostelá a Manuel María celebrada na tarde do 17 de maio de 2016, Día das Letras Galegas, organizada pola Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela, e na que tiven a honra de participar (como recolle a fotografía superior) xunto a outras e outros poetas ou narradores/as facendo unha lectura dalgúns dos seus Poemas a Compostela (1952). A miña intervención consistiu na lectura do poema «Esperanza».
Deseguida reproduzo a crónica elaborada por MaOs e o devandito poema de Manuel María.
«O 17 de maio organizamos un paseo-recital e un concerto en homenaxe a Manuel María polo Día das Letras Galegas de 2016 para o Concello de Santiago.
A homenaxe centrouse na relación do autor con Santiago de Compostela a través da súa obra Poemas a Compostela.
O paseo comezou ás 17 h. na Praza do Obradoiro, baixo os soportais do Pazo de Raxoi, cunha presentación da concelleira Branca Novoneyra na cal abordou aqueles aspectos da vida de Manuel María que o relacionan con Compostela. Foi a partir dese momento que diferentes persoas da cultura compostelá e do público recitaron os 14 poemas de Poemas a Compostela, libro escrito polo autor en 1952. A recitación dividiuse en tres espazos relacionados directa ou indirectamente coa obra: a Praza do Obradoiro, a Praza da Quintana e a Praza de San Martiño Pinario. O acto pechouse nesta última praza ás 18h cun breve concerto de García MC baseado en obras de poetas galegos/as, entre as cales se encontraba un poema de Manuel María, “Home”.
O acto guiouno Comba Campoy, e contou coa colaboración especial de Lara Rozados Lorenzo, Manuel Portas, Laureano Araúxo, Olalla Cociña Lozano, Rosalía Fernández Rial, Montse Dopico González e Miro Villar, ademais de con todas as persoas que se achegaron voluntariamente para recitar e pasear».
POEMAS A COMPOSTELA – MANUEL MARÍA (1952)
ESPERANZA
Como unha Xerusalem purificada polo lume
óllote, ouh Compostela, docemente
feita lume no sangue do meu povo.
Quixera dicir, na nidia voz das túas campanas,
a túa mensaxe de pomba,
o teu silencio rumoroso de mar,
a túa humildade de fonte,
a túa sombra de terror e misterio,
o teu tremor de estrela no corazón da noite.
Quixera navegar a túa néboa de tempo,
chegar a ti humildemente co corazón na mau
pra darche esta miña vida que en ti vive
cantando a túa melancolía en doce son.
Quero terte lonxana
e falarlle ó teu corazón de cidade
en língoa amiga,
amorosa de fragas, de cervos e de ventos.
Ollo e recoñozo en ti o sangue meu,
a árbore que dá descanso e sombra
a miña tribu vella e melancólica,
batida polos ventos de todo o mundo,
probada pola mau de tódalas desgracias.
A dubidosa paz dos teus pregos mortos
doiche na alma como espiña.
A túa canción de estrelas no vieiro da noite
fálalle a tódolos povos da terra.
As cantigas que firen como espadas
deuchas o vento do Fisterre
pra que aprenderas os camiños sen fin.
O milagre sempre aceso dos teus beizos
faiche eternamente arder
como unha grande rosa vermella o corazón.
¡Ouh Compostela da Quintana dos Mortos
que escoas polas feridas da túa sombra:
dime como e cando naceu a túa dor!
Dime que milagre de rosas fixo florecer
a túa alma de pomba en vento melancólico.
O teu espíritu purísimo de luz e ar
amañeceu en gaita fonda de lembranzas.
¡Compostela das roitas misteriosas
inmortal
na nosa lembranza galega e pequeniña!
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Carta derradeira para o bibliotecario Mon Rey Senra
- Altri NON
- Mensaxe de Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO,co do Día Mundial da Poesía, 21 de marzo de 2025 (Versión galega)
- Adeus a Bernardino Graña, profeta do mar
- Presentación de “Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina” o sábado 18 de febreiro, ás 11:30 no Museo do Pobo Galego
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Abril 2025 (1)
- Marzo 2025 (2)
- Xaneiro 2025 (2)
- Decembro 2024 (1)
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta