Epistolario de Ramón Piñeiro a Isidoro Millán


Unha das publicacións nas que adoito colaborar con estudos literarios ou traballos críticos é A TRABE DE OURO, que dirixe Xosé Luís Méndez Ferrín e que edita Sotelo Blanco. No último número 85 (Tomo I. Ano XXII. Xaneiro, febreiro, marzo do 2011) asino xunto co profesor Luís Cochón o artigo “As reviravoltas na edición do Onomástico”, novas cartas inéditas entre Ramón Piñeiro e Isidoro Millán González-Pardo e unha de Piñeiro a Ramón Cabanillas, verbo do debatido tema da edición do Onomástico etimológico de la lengua gallega por Fr. Martín Sarmiento. Este traballo completa o volume da nosa propia colleita intitulado Do teu amigo certo. Epistolario de Ramón Piñeiro a Isidoro Millán González-Pardo (1952-1971), que publicou o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e que se pode ler nesta ligazón.

Esta entrada foi publicada en Epistolarios, Estudos literarios. Garda a ligazón permanente.