Entrevistas sobre o Batallón Literario da Costa da Morte no «Plan Proxecta de Paisaxe e Sustentabilidade» do CPI Cabo da Area de Laxe

O Departamento de Lingua e Literatura Galega do CPI Cabo da Area de Laxe, da man da profesora de Sandra Villar Giner e do seu alumnado de 4º da ESO, realizou no curso 2017/2018 unha investigación, en formato de entrevistas, sobre o Batallón Literario da Costa da Morte, dentro do «Plan Proxecta de Paisaxe e Sustentabilidade», intentando descubrir a importancia da paisaxe da zona na obra das e dos poetas e tamén doutros temas relacionados como a ecoloxía.

O sitio web do CPI Cabo da Area de Laxe permite acceder ás tres entrevistas realizadas, as dúas primeiras en audio gravado na radio escolar e a terceira en formato de comunicación escrita.

Entrevista a María Canosa (07/05/2018)
Álvaro e Marcos entrevistan a María Canosa durante á súa visita á sala de primaria da biblioteca
audio:

https://www.ivoox.com/maria-canosa-audios-mp3_rf_25827677_1.html

Entrevista a Miro Villar (08/05/2018)
Lucía e Paula entrevistan a Miro Villar, poeta e membro do Batallón literario da Costa da Morte, que o alumnado de 4º está a investigar dentro do Proxecta de Paisaxe e Sustentabilidade
audio:

https://www.ivoox.com/entrevista-a-miro-villar-audios-mp3_rf_25850482_1.html

Entrevista a Estevo Creus (30/05/2018)
comunicación escrita:

Esta entrada foi publicada en Entrevistas, Memoria Literaria, Narrativa, Poesía, Radio. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta