Entrevista sobre a obra de Florencio Delgado Gurriarán no Diario Cultural da Radio Galega que conduce a poeta Ana Romaní

A inicios de febreiro, concretamente o día 07/02/2022, na edición de mediodía do Diario Cultural da Radio Galega, emitiuse a primeira entrevista que me realizaron para falarmos sobre a obra poética de Florencio Delgado Gurriarán. Nos últimos dez minutos a condutora do programa, a poeta e académica Ana Romaní, formuloume unha serie de cuestións ao abeiro da publicación do libro Florencio Delgado Gurriarán: vida e obra dun poeta no exilio mexicano (Xerais, 2021).

A entrevista está dispoñibilizada na rede en diferentes ligazóns. Velaí van:

* Miro Villar fala sobre a obra de Florencio Delgado Gurriarán no Diario Cultural da Radio Galega.

http://www.crtvg.es/rg/a-carta/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-07-02-2022-5511599

http://www.crtvg.es/rg/podcast/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-07-02-2022-5511602

http://www.crtvg.es/podcast_rg/0015/0015_20220207144500.mp3

Esta entrada foi publicada en Biografía, Efemérides, Entrevistas, Estudos literarios, Gravacións, Historia, Lingua, Memoria Literaria, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta