Entrega dun "Faro Córnico"


(Na foto de Lema, Xan Fernández Carrera faime entrega dun “Faro Córnico”)
Xosé María Lema Suárez, ademais de presidente do Seminario de Estudos Comarcais (Semescom), foi un dos “armadanzas” ou organizadores da nosa viaxe a Cornualles. Festexeiro e amigo de chanzas, ocorréuselle unha que consistíu en me facer entrega dun “Faro Córnico”, como desagravio por verme obrigado a rexeitar o Faro Nerio, tal e como xa se relatou aquí e que tivo entre as súas consecuencias o meu recente veto na Feira do Libro de Cee, na que o Semescom foi a única entidade que fixo público o seu apoio contra esa arbitraria decisión, ao que seguiu un manifesto de apoio de xente da cultura da Costa da Morte. A divertida escena de entrega deste “Faro Córnico” sucedeu o venres 26 de agosto na tenda do National Maritime Museum of Cornwall de Falmouth. Na foto de Lema, Xan Fernández Carrera, da directiva do Semescom, agásallame co faro que recibín agradecido e encantado. E aínda botamos unhas boas risadas coa ocorrencia. Grazas, compañeiros.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Roteiros. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Entrega dun "Faro Córnico"

  1. Pingback: As crebas » No faro de Gatteville-Barfleur (Normandía)

  2. Pingback: As crebas » Crónica da viaxe a Cornualles por Manuel Vilar

Os comentarios están pechados.