(Rianxo 1985: con Avelino Pousa Antelo; Gustavo Santiago Valencia; Pepita Blanco, viúva de Modesto Rodríguez Figueiredo; o alcalde, Xosé Bravo Frieiro e Francisco Fernández del Riego. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
(Rianxo 1985: Ánxeles García Sumay (Anxos Sumai) en primeiro plano, con Avelino Pousa Antelo; Gustavo Santiago Valencia e Pepita Blanco, viúva de Modesto Rodríguez Figueiredo)
(Rianxo 1985: Brinde con Avelino Pousa Antelo e Pepita Blanco, viúva de Modesto Rodríguez Figueiredo) (Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Ao fío do Día do Mundial do Libro e do Dereito de Autor, que promove a UNESCO, reproduzo unhas vellas fotos que atopou polo Concello de Rianxo o seu técnico de Cultura, e poeta amigo, Fernando R. Lavandeira, porque estas imaxes son unha excelente xustificación para lembrar o meu primeiro texto que deu en aparecer publicado nun libro, aínda que fose colectivo, pois o meu primeiro libro individual é o poemario Ausencias pretéritas (Espiral Maior: 1992).
Anos antes, en 1985, fun merecedor do XI Premio de Narracións Curtas «Modesto Rodríguez Figueiredo», convocado polo Patronato do Pedrón de Ouro, polo relato «Augas de silencio», que a xuízo de Basilio Losada, presidente do xurado, significaba «toda una revelación». Aquel xurado estivera composto ademais por Avelino Pousa Antelo, como secretario, Avelino Abuín de Tembra, Carmen García Rodríguez, Manuel Quintáns Suárez e Luís Alonso Girgado. Andando o tempo tiven trato con algunhas destas persoas e mesmo Carmen García Rodríguez foi unha das miñas docentes de Lingua Galega cando me reincorporei aos estudos para facer Filoloxía Galego-Portuguesa na USC.
Naquela convocatoria de 1985 resultaran accésits dúas persoas que hoxe considero amigas e un escritor xa desaparecido. O primeiro accésit fora para Ánxeles García Sumay (quen hoxe asina como Anxos Sumai) por «Relembranzas con Palmira e banana split»; o segundo foi para o finado Manuel Riveiro Loureiro por «Meirama» e o terceiro para Xosé Manuel Fernández Castro por «Segrel Charles o asombrador». Todos catro están publicados no volume colectivo Premios Pedrón de Ouro 1985 / 1986 (Sada: Edicións do Castro, 1987), con esa curiosa capa que semella a guía Vía Michelin.
O premio entregouse na noite do 28 de decembro do 1985 nun acto (ao que corresponden as fotografías) desenvolvido no Concello de Rianxo, entidade patrocinadora nesa edición, coa presenza de moitos persoeiros, entre os que estaban Pepita Blanco, a viúva de Modesto Rodríguez Figueiredo; do alcalde naquela altura, Xosé Bravo Frieiro; o secretario do patronato, Avelino Pousa Antelo, quen leu a acta do xurado e do mantedor, tamén membro do Patronato, Francisco Fernández del Riego, quen fixo unha semblanza dos escritores rianxeiros desde Paio Gomes Charinho até Rafael Dieste, salientando a Manuel Antonio, Castelao e Faustino Rey Romero.
Entre as anécdotas que podo contar daquela xornada están o feito de que despois do acto protocolario e antes da cea depositei unha ducia de caraveis vermellos no monumento a Castelao, onde fun entrevistado por un novo Manuel Rivas, que daquela estaba a traballar como xornalista cultural nos informativos da TVG. Tamén lembro o rebumbio de flashes que se produciu cando se cantou o Himno Galego e dei en erguer o puño pechado. Foi bonito as amizades que fixen aquela noite, como Anxos Sumai, que me presentaron coma unha rapaza de Catoira, mantiven unha relación epistolar (non era tempo de e-mail) moi enriquecedora falando de literatura. E outra anécdota foi que un xornal (teño o retallo mais non se pode precisar cal era) publicou a nova ao día seguinte con este sorprendente titular «Un parado de cinte anos recibeu o premio Modesto Rodríguez Figueiredo» e tamén publicaba un resumo do meu texto, que deberon tirar das miñas palabras, aínda que xa non o lembro con clareza, dicía: «Augas de silencio» é a historia dunha muller desempregada que, por non extioriorizar a rebelión contra a sociedade que a oprime, escolle como camiño máis nítido o suicidio nas caladas augas dun río emporcado.
De feito El Correo Gallego (28-12-1985) reproducía algo similar, cito textualmente: «Augas de silencio», basada na vida de unha muller que se encontra en paro e agobiada por unha sociedade que limita as súas ilusións e que reprime o máximo os seus sentementos. Levada por ista opresión, decide rematar a súa vida tirándose a un río, e perdéndose nas suas augas de silencio.
Según o seu autor, a obra, en algúns momentos toma carácter autobiográfico, pois él mesmo encóntrase no paro, con serias dificultades e pretende a traverso da literatura lanzar unha crítica contra ista sociedade opresora.
Notábase ben ás claras que eu daquela militaba no nacionalismo de esquerda, se non lembro mal aínda facía parte da Unión da Mocidade Galega (UMG) que abandonaría anos despois.
En calquera caso, certo é que as cen mil pesetas da dotación económica viñeron moi ben, non só para min senón para axudar na sempre axustada situación económica familiar. E fixen feliz a miña nai, demostrándolle que a literatura tamén podía ser unha axuda de subsistencia. Antes recibira outros pequenos premios por poemas e relatos, mais ningún da contía e da entidade do XI Premio de Narracións Curtas «Modesto Rodríguez Figueiredo», convocado polo Patronato do Pedrón de Ouro, que determinou, sen dúbida, o meu camiño literario até hoxe.
Outro dos xornais da data salientaba que concorreran 29 obras e que eu era colaborador de revistas literarias de Corcubión e Muxía e que era membro do colectivo de poesía Un Medio. Así era, as revistas eran a fisterrá O Berrón, a corcubionesa Nerio e Decrúa, que fundara en Muxía o meu vello amigo Manuel Vilar. Van aló moitos anos. O transcorrer do tempo, sempre inexorable.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta
Pingback: As crebas » Avelino Pousa Antelo (1914-2012), in memoriam