(Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Deseguida reproduzo a nota de convite para o acto de homenaxe a Rosalía de Castro que organiza este sábado en Muxía a Fundación Gonzalo López Abente, da que me honra facer parte.
«A Fundación Gonzalo López Abente homenaxea á autora no ano da celebración dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos. Ademais, con estes actos quérese poñer en valor un feito importantísimo para Muxía, como é que Rosalía de Castro acudira á Romaría da Barca no ano 1853, acompañada de Eduarda Pondal, irmá do bardo pontecesán. Durante esta estancia, Rosalía e Eduarda enfermaron, feito que causou a morte de Eduarda e marcou profundamente a Rosalía que permaneceu un tempo en Muxía, convalecente da súa enfermidade. A casa na que se aloxou era a do médico Leandro Abente Chans, tío de Eduardo Pondal e avó de Gonzalo López Abente. Muxía inspirou a primeira novela de Rosalía, La hija del mar e tamén o poema de Cantares Gallegos, “Nosa Señora da Barca”.
O día 2 de marzo os actos comezarán ás 17:00 horas coa colocación dunha placa na Rúa A Marina, no lugar onde estivo ubicada a casa na que Rosalía se aloxou durante a súa estancia en Muxía, no ano 1853. No acto lerán poemas nenos e nenas dos centros educativos de Muxía.
A continuación, no Salón de Actos do Voluntariado, Manuel Vilar, patrón da Fundación Gonzalo López Abente e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, ofrecerán sendas conferencias sobre a figura da autora».
A fascinación do poeta muxián por Rosalía, alén das citas ou paráfrases dos seus versos, inspirou varios poemas de maneira explícita: «A devesa encantada», publicado en Alento da Raza (Madrid: Imprenta Xan López Torres, 1917?), onde cita a catro figuras emblemáticas do Rexurdimento (Curros, Añón, Pondal e Rosalía), o soneto «Rosalía», aparecido en D’Outono (A Coruña: Editorial Ronsel, 1924), e nomeadamente o tríptico «Ao noso reiseñor», que non foi recollido en ningún libro e que viu a luz en A Nosa Terra, 27, 10 de agosto de 1917. Velaquí todos estes poemas:
A DEVESA ENCANTADA
Noite de prata. Na devesa
colgan os velos arxentados
da lúa: velos de princesa
en testa de ouro pendurados.
Desfiáda trema a madeixa
que o alento da brisa enmaraña,
e corre antre os fíos a queixa
branda de seda que se laña.
O rego remexe o seu séo
de vidro, bicando as orelas,
y-adornáo ledo o alto céo
con rica diadema de estrelas.
Pol-os retorcidos sendeiros
que brilan cal brancas serpentes,
cruzan os pálidos viaxeiros
nouturnos dos bosques inxentes.
Sombras que van, sombras que veñen,
rumor de trafego que voya
c’o ardor de obreiros que sosteñen
rudo traballo de tramoya.
¡Tempro santo da maxestade
a quen se fan místicos votos!…
Entrade n-él, homes, entrade
se sodes ferventes devotos.
Penduran dos albres as sonoras
liras dos bardos inspirados,
e na noite chegan as horas
dos trasnos e dos namorados.
Do bosque o misteréo desperto
rebule no campo fragoso,
e preludéa grave concerto
no seu órgano prodixioso.
Coma un turbión, as musicales
volvoretas voyan garridas;
corren os líquidos raudales
das armonías bendecidas.
Pasan os xenios envolveitos
nos mantos das craras rayolas,
coma as noivas van para os leitos
arrastrando lucentes colas.
O Rey das devotas cantigas
chega de musas rodeädo;
e canta âs doces anamigas
o vello vate namorado.
Os inspirados reiseñores
debullan notas de cristal:
Sons os transparentes fulgores
de Curros, de Añón, de Pondal…
Luce antre todos unha aurora
que entóa meiga melodía;
mento unha divina cantora,
quixen falar de Rosalía.
………………………………………………
………………………………………………
Esta devesa e xaula d’ouro
que as aves cantoras encerra,
e na que se garda o tesouro
da inspiración da nosa terra.
¡Tempo santo da maxestade
a quen se fan místicos votos!…
Entrade n-él, homes, entrade
se sodes ferventes devotos.
ROSALÍA
(A Leonardo Coimbra)
As ondas d’un prefume meigo e soave
espállanse no chan da terra amada
c’os armoñosos sons da enfeitizada
liria d’ouro que inda hoxe non se sabe
se rî ou chora, coma a gaita grave
que salaía e relouca na ruáda.
Eres ti, poetisa inmaculada,
ti, que da Patria incensal-a outa nave,
a dona da emoción que dentro trema
do meu nervioso corporal sistema,
de tal xeito que en mística manía
coido, cando os teus versos estóu lêndo,
(e perdóeme Deus se así o ofendo)
que comulgo o manxar da Eucarestía.
AO NOSO REISEÑOR
OFRENDA
Paxaro das Follas Novas
e d’os Cantares Galegos;
paxariño enfeitizado
dos seus dôridos e tenros
que a miña probiña nai
ensinóume a enxerguelos,
c’os ollos chéos de bágoas
e fonda opresión no peito,
cando ela inda era moza
e cand’eu inda era neno.
Teño que amarche de cote,
paxaro do chan galego,
que escoito nos teus cantares
e sinto nos teus gorxéos
salayos da patria miña
e recordos d’outros tempos…
¡que a miña nai xa morrío
y-os teus cantos son eternos!
Salve, paxaro, ademite
a ofrenda d’istes meus versos.
NO TEMPRO
Eu sempre as portas da miñàlma teño
de par en par abertas,
e, pendurados, nun altar sosteño
os místicos ex-votos das ofertas.
De cote acesa a lámpara, o sagrario
de cote relucente
e, de cote tamén, eu, reverente,
de xionllos, constante aniversario
celebro, con foguetes o incensario,
da nosa dôce poetisa inxente.
Está o meu tempro n-un rincón perdido,
onde non se oi o mundanal ruído,
de xeito que n-é estrano
que teña un día sô pra min o ano.
PREGAREA
Miña santa, miña santa,
ti, que estás preto de Dios
y-óyel-a terrible vos
que os universos espanta;
así que a eterna xusticia
pernuncie a súa sentencia,
non pidas á Dios cremencia
pra os cativos de Galicia.
Deixa que baixe a xenreira
sobre a terra que ti amaches,
sobre a terra que cantaches
e premanece estranxeira;
non che doya o corazón,
miña santa, non che doya,
que é millor queimal-a xoya
que avandonarlla á unladrón.
Das cinzas un Fénix novo
disque sai; pois, d’ise xeito,
que arda a nosa terra á eito
para que rexurda o pobo.
Muxía, 1-VIII-1917.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta