Dúas imaxes da Cea das Letras da AELG


(De esquerda a dereita, Mercedes Queixas, Fran Alonso, Darío Xoán Cabana, Andrea Nunes Brións, Carlos Callón, Paco Souto, Ramón Nicolás, Marica Campo, Iago Martínez, Antón Riveiro Coello, eu propio, Anxo Tarrío e Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG)
É como vén sendo esa fermosa peza escultórica creada para a ocasión por Álvaro de la Vega? A primeira das imaxes é para dar resposta a esta pregunta que me fixeron algúns amigos sobre o agasallo recibido polo recoñecemento a esta bitácora como «Mellor blogue literario» na XIII edición dos premios da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) 2012.
Álvaro de la Vega é un artista, máis escultor ca pintor ou ilustrador, de longa traxectoria a quen coñecín hai ben tempo, nos anos oitenta en Corcubión, vila histórica na que reside e onde posúe un fermoso estudo que mira á ría. O seu traballo obtivo numerosos recoñecementos e tamén o favor do público. De maneira recente mantivo unha exposición na cidade de Compostela (“Puntos de encontro puntos de fuga” na Biblioteca Pública Ánxel Casal) e ilustrou esta deliciosa edición do libro Follas Novas de Rosalía de Castro, publicada por El Patito Editorial.
Na outra fotografía estamos algúns (falta bastante xente) das e dos premiados ou finalistas que acudimos á Cea das Letras da AELG celebrada o pasado sábado 5 de maio en Compostela.

Esta entrada foi publicada en Arte, Banda deseñada, Contos, Encontros, Ensaio, Estudos literarios, Fotografía, Lingua, Narrativa, Poesía, Premios, Teatro, Versións ou traducións. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “Dúas imaxes da Cea das Letras da AELG

  1. Pingback: Premios AELG 2012 | O levantador de minas

Os comentarios están pechados.