(Na foto de Xesús Búa para La Voz de Galicia, de esquerda a dereita, Alexandre Nerium, eu, e Modesto Fraga no Recital de Poesía que se celebrou en Muxía no nadal hai dous anos)
Damos conta de dúas convocatorias poéticas para os próximos días na Costa da Morte.
A primeira é a quinta edición do Recital de Poesía que organiza o Concello de Muxía e que coordina Viki Rivadulla. Desta volta non poderei estar na vila da Barca, coma estiven hai dous anos (fotografía superior), mais o programa é ben atractivo e representativo. O acto será presentado por Rosalía Fernández Rial e contará co acompañamento musical de Mon Búa, e lerán ou recitarán os seus versos os poetas Paco Souto, Miguel Mato, Paco de Tano, Serxio Iglesias, Xosé Henrique Rivadulla Corcón, David Creus, Suso Bahamonde e María Lado. Os seus versos poderán escoitarse a partir das 19.45 horas no Salón de Actos do Voluntariado.
Doutra banda,o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom), que preside Xosé Mª Lema Suárez, vén de convocar un Certame de Poesía sobre os Faros da Costa da Morte.
Velaquí as BASES:
O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) convoca o “Certame de Poesía sobre os Faros da Costa da Morte” para poñer en valor a riqueza paisaxística e turística que teñen estes sinais luminosos da nosa costa, e máis concretamente da Costa da Morte, é dicir aquela que abrangue dende as illas Sisargas ata o Monte Louro. A razón da escolla dun certame de poesía é a de continuar o labor de grandes escritores galegos que se viron inspirados nestes senlleiros edificios, como foi o caso de Gonzalo López Abente, Xervasio Paz Lestón, Antón Zapata García ou Miro Villar.
A realización deste certame ten lugar grazas ao Proxecto Singular “Percorrendo Vieiros da Costa da Morte” aprobado pola Deputación da Coruña. As bases polas que se rexerá o Certame son as seguintes:
1. Establécense tres categorías: na primeira poderán participar os nenos e nenas que teñan ata 12 anos; a segunda vai dirixida a rapaces de entre 13 e 16 anos; e a terceira a todos aqueles autores maiores de 16 anos. A idade contémplase con data de 1 de xaneiro de 2011.
2. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega, e terán como temática os Faros da Costa da Morte (das Sisargas ao Monte Louro). Cada persoa poderá presentar os traballos que quixer.
3. Non é requisito imprescindible que cada traballo conste dun único poema, mais si que teñan no seu conxunto unha relación. Non hai límite na súa extensión (malia todo, recoméndase que non supere os 200 versos).
4. O SEMESCOM establece para este Certame tres premios en cada categoría, coa seguinte dotación económica: a) Para a 1ª categoría, un vale para mercar libros ou xogos cuxo importe é distribuído do seguinte xeito: 1º premio: 75 euros; 2º premio: 50 euros; 3º premio: 25 euros. b) Para a 2ª categoría, un vale para mercar libros ou xogos cuxo importe é distibuído do seguinte xeito: 1º premio: 100 euros, 2º premio; 75 euros e 3º premio 50 euros c) Para a 3ª categoría establécense as seguintes cantidades: 1º premio: 500 euros; 2º premio: 350 euros; 3º premio: 200 euros.
5. Os traballos enviaranse ao seguinte enderezo: Seminario de Estudos Comarcais, Rúa Vilar,12 2º esq. 15.129 VIMIANZO. De cada traballo entregaranse 3 (tres) copias mecanografadas, escritas por unha soa cara, e grampadas ou encadernadas. Deberanse presentar nun sobre sen remitente indicando: PARA O “CERTAME DE POESÍA SOBRE OS FAROS DA COSTA DA MORTE” e a categoría na que participa. Dentro, acompañando o traballo, debe figurar un sobre pechado no que conste: no exterior, o lema do autor (que figurará tamén na primeira folla do traballo); e no interior, o nome e apelidos do autor, o NIF, o enderezo, o número de teléfono e o correo electrónico.
6. O prazo de admisión de orixinais rematará o 30 de decembro de 2011.
7. O xurado estará composto por tres membros: Presidirao o presidente do SEMESCOM, ou persoa na que delegue, e dúas persoas máis de recoñecido
presitixio no ámbito literario. A súa composición farase pública unha vez se peche o prazo de entrega dos orixinais.
8. Se o xurado estima que a calidade dos traballos así o require, pode declarar desertos un, dous ou os tres premios en calquera das categorías.
9. As deliberacións do xurado son secretas e delas estenderase acta correspondente. O xurado fará público o resultado a través dos medios de comunicación no día no que se falle o premio. Tamén se lles comunicará aos gañadores, quen se comprometerán a acudir a recibir o premio.
10. A concesión do premio non supoñerá a perda dos dereitos do autor do traballo. Non obstante, o SEMESCOM resérvase o dereito a publicar os traballos premiados.
11. Calquera incidencia non prevista nestas bases será resolta polo xurado.
12. O feito de participar supón a aceptación destas bases.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Carta derradeira para o bibliotecario Mon Rey Senra
- Altri NON
- Mensaxe de Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO,co do Día Mundial da Poesía, 21 de marzo de 2025 (Versión galega)
- Adeus a Bernardino Graña, profeta do mar
- Presentación de “Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina” o sábado 18 de febreiro, ás 11:30 no Museo do Pobo Galego
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Abril 2025 (1)
- Marzo 2025 (2)
- Xaneiro 2025 (2)
- Decembro 2024 (1)
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta