(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Desde onte pódese ler nesta ligazón do dixital Ideas un artigo da miña autoría intitulado «Dous fíos para ensarillar nas relacións (perversas) do/a escritor/a coa lingua». Como sinalan na pestana Quen Somos? «Ideas.gal nace como iniciativa aberta da Fundación Galiza Sempre. Nos seus contidos, análises e espazos de opinión queremos que estean reflectidas todas as voces e todas as causas, arredor dos tres eixos que nos definen:
a defensa da capacidade da Galiza para decidir por si mesma;
a aposta por unha sociedade xusta, igualitaria e libre de explotacións;
a convicción da necesidade de o pobo galego se autoorganizar para defender os seus dereitos e o seu futuro.
Nesas coordenadas, coas que eu concordo, non podía negarlles a miña colaboración no proxecto. E velaquí a reflexión que asino:
DOUS FÍOS PARA ENSARILLAR
NAS RELACIÓNS (PERVERSAS) DO/A ESCRITOR/A COA LINGUA
1. Primeiro fío
A miña lingua nativa é o fascismo…
(Chus Pato, Fascinio)
Este verso, magnífico, de Chus Pato xa valería por si mesmo para que nos enguedellasemos durante horas falando das relacións do/a escritor/a coa lingua. Ora ben, permítaseme neste momento reducir a súa plurisignificación a unha lectura historicista strictu sensu. É evidente que a poeta coas súas palabras pretende rexeitar, repudiar ou mesmo condenar, a situación lingüística (e non só isto, por suposto) vivenciada na súa mocidade e na súa conformación como creadora.
Desde este punto de vista, as e os poetas das últimas promocións teriamos que falar de que a nosa lingua nativa é o estatuto de autonomía, xa que este conxunto de disposicións legais propiciou o feito de sermos educados case integramente coa lingua e a literatura galegas como materia de estudo. Alén diso, curiosamente, do noso profesorado facían parte poetas que conformaban a denominada ‘xeración dos oitenta’. Este feito incide nun mellor coñecemento das estruturas do idioma, ata o punto de que hoxe xa non é un valor falar do nivel lingüístico dun libro de poemas. Cómpre lembrar que ata ben pouco moitos xuris engadían sempre unha apostila sobre a calidade lingüística dos textos.
Así a todo, na lectura das e dos meus coetáneos observo en moitos casos un certo empobrecemento léxico, por máis que algunhas veces poida tratarse dunha estratexia consciente dirixida a procurar máis inmediatez no discurso lírico. Para compensar, tamén hai que dicir que existen autoras e autores que modernizan os campos semánticos, incorporando vocabularios específicos nunca antes utilizados na nosa poesía.
Mais non é ouro todo o que reloce, xa que a carón do desenvolvemento do proceso de normalización produciuse unha estandarización que ás veces converteu a lingua nun xustillo sobexamente ríxido. Explícome. Para calquera autor ou autora de promocións anteriores existía (e, ás veces, aínda existe) unha maior liberdade no uso do idioma. As novas promocións que escollemos o carreiro da normativa oficial aínda sufrimos a “ditadura” dos correctores editoriais que defenden manu militari a aplicación do VOLGa (Vocabulario da Lingua Galega) ou do Dicionario RAG (Real Academia Galega), que está na cerna de todos os nosos dicionarios (agás o reintegracionista de Isaac Alonso Estravís).
Por poñer un exemplo abondo esclarecedor, na costa fisterrá, os mariñeiros aínda usan a palabra tombo e nunca din onda, tan só os máis novos comezan a substituír tombo polo castelanismo ola.
Tombo é unha palabra que xa aparecía nos versos do arredista e poeta emigrado Antón Zapata García (Laxe, 1886- Bos Aires, 1953) e hoxe atopámola nos poemas de Alexandre Nerium, autor do extinto Batallón Literario da Costa da Morte e guía do Museo da Pesca de Fistera. Pois ben, é moi probable que o corrector condenase con lapis vermello esta palabra, porque no recente Dicionario da RAG e nos anteriores as únicas acepcións que se contemplan son a de “volta sobre si mesmo que dá algo ou alguén que anda ou está en movemento” e unha segunda que di “libro de pergameo de gran tamaño que teñen as igrexas, conventos, mosteiros, municipios e outras comunidades, coas copias dos seus privilexios e das escrituras das súas propiedades”.
A onde quero chegar con esta reflexión? Pois, á constatación de que hoxe en día a un / unha poeta da nosa milenaria Nación estáselle a limitar un dos grandes poderes que a palabra poética tivo en calquera tempo e en calquera lugar: a capacidade de subverter a linguaxe. Se algún daqueles autores que no pasado romperon a gramática, ars recte dicendi, en favor da retórica, ars bene dicendi, resucitase hoxe na realidade editorial de Galiza pois había ser condenado por incorrección.
En todo tempo e en todo lugar a lingua literaria participou sempre do proceso de construción da linguaxe e non ao invés. Polo tanto, é necesaria a insubmisión lingüística, mais, como nós tamén navegar e chegarmos a ela?
2. Segundo fío
… as fronteiras lingüísticas son bastante borrosas; a mesma metáfora, o mesmo refrán aparecen entre Fisterra e o Mar Negro, pasando por Londres e Berlín.
(Antón Santamarina, A linguaxe e as linguas)
Aproveito estas palabras de Santamarina para tirar do segundo dos fíos, a miña non crenza na existencia dunha lingua literaria propia das escritoras e dos escritores galegos. É máis, estou absolutamente convencido de que esa lingua poética, persoal e intransferible, que posúe cada autor/a é froito do diálogo que puido establecer coas súas lecturas (unhas veces de maneira consciente e outras, as máis, de modo inconsciente).
Quero dicir con isto que, no meu caso, malia coñecer profundamente, por activa e por pasiva, toda a nosa tradición secular, desde as súas orixes esplendorosas na poesía medieval galego-portuguesa, o certo é que o meu discurso poético pode perfectamente desbotar toda a presión ambiental da nosa historia literaria e dialogar, por exemplo, con David Mourão Ferreira, con Maria-Mercé Marçal ou con Gioconda Belli, por citar tan só tres lecturas que nos últimos tempos condicionaron a miña formación e a propia creación, logo de me deixaren un pouso que fixo arrefriar outras paixóns poéticas anteriores.
Non podemos esquecer que nesta hora somos fillos da chamada “aldea global” e un sinxelo exercicio de navegación pola rede Internet permite o achegamento a poéticas singulares. Agora mesmo calquera de nós podería desprezar as novidades editoriais recén chegadas á libraría do seu lugar e estar a ler un texto da poeta rusa Tatiana Milova na ventá aberta dun computador. E este fenómeno, con consecuencias imprevisibles e aínda sen analizar (acaso non sexa doado realizar esa análise), é totalmente novidoso. Os nosos precursores artellaron a súa lingua poética con poucos vimbios, mentres que nesta época cibernética dispomos de tantas varas flexibles que o máis difícil é darlle forma a un cesto sen caermos na repetición e no eco, na repetición e no eco, na repetición e no eco…
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta