Onte diversos medios de comunicación da Costa da Morte (coma o dixital quepasanacosta) fixéronse eco do Ditame do “Certame de Poesía sobre os Faros da Costa da Morte”, convocado polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM). Formei parte do xurado canda o poeta fisterrán Alexandre Nerium e o filólogo e investifaor baiés Xosé María Rei Lema, que actuou como secretario con voz e voto, protagonizándomos un ricaz debate, malia tomarmos as decisións por unanimidade. Velaquí ao completo a acta que se lle enviou aos medios, na que salientei en letra negra o veredito do premio absoluto.
O día 25 de abril ás seis da tarde na vila de Cee xuntouse o xurado do “Certame de Poesía sobre os Faros da Costa da Morte”, convocado polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) para poñer en valor a riqueza paisaxística e turística que teñen estes sinais luminosos da nosa costa, e máis concretamente da Costa da Morte, é dicir aquela que abrangue dende as illas Sisargas ata o Monte Louro. A razón da escolla dun certame de poesía é a de continuar o labor de grandes escritores galegos que se viron inspirados nestes senlleiros edificios, como foi o caso de Gonzalo López Abente, Xervasio Paz Lestón ou Antón Zapata García.
A realización deste certame ten lugar grazas ao Proxecto Singular “Percorrendo Vieiros da Costa da Morte” aprobado pola Deputación Provincial da Coruña.
O xurado estivo composto polo poeta fisterrán ALEXANDRE NERIUM, o poeta de Cee MIRO VILLAR e o investigador literario de Vimianzo XOSÉ Mª REI LEMA.
Na 1ª categoría (nenos e nenas de ata 12 anos) presentáronse un total de 11 poemas. O xurado salientou a participación dos colexios públicos de Baio e de Cee nesta categoría, e decidiu por unanimidade outorgar os tres primeiros premios desta maneira:
1º premio (vale por un importe de 75 euros) para NURIA VILARIÑO LEMA, do C.E.I.P. Labarta Pose de Baio, polo poema “Un rastro da túa luz”, presentado baixo o lema “Río Grande”.
2º premio (vale por un importe de 50 euros) para ELISA DEL PILAR PRADALES MARTÍNEZ, do C.E.I.P. Eugenio López de Cee, polo poema “Costa da Morte”.
3º premio (vale por un importe de 25 euros) para YAIZA ROMERO MARTÍN, do C.E.I.P. Eugenio López de Cee, polo poema “Baixo os faros”.
A composición gañadora “Un rastro da túa luz” resultou ser un percorrido poético polos faros dende a Torre de Hércules ata o faro de Monte Louro, con estacións no Roncudo, Vilán, Cemiterio dos Ingleses, Touriñán, Fisterra, Lobeiras…, en versos de feitío clásico.
Na 2ª categoría (de 13 a 16 anos) o xurado decidiu por unanimidade declarar ex-aequo o primeiro premio, mentres que o terceiro premio foi declarado deserto. Unha vez abertas as plicas resultaron ser os gañadores do primeiro premio (cadanseu vale por un importe de 100 euros):
ANA MARÍA GIL REY, de Zas de Carreira, polo seu poema “Andainas dun vello faro”, presentado baixo o lema “A serea do faro branco”.
DARÍO MIRANDA PASTORIZA, de Bamiro-Vimianzo, polos seus poemas presentados baixo o título e lema de “O lento virar do faro…”.
“Andainas dun vello faro” é unha composición dialogada entre un paxaro e o propio faro que se atopaba só. A conversa realízase en pareados.
“O lento virar do faro…”, cuxo título agradou aos membros do xurado, presenta dous poemas (“Amigo fiel” e “Guía na noite”) que se centran na temática do faro como guía para navegantes.
Na 3ª categoría (maiores de 16 anos) presentáronse un total de 8 composicións, das cales o xurado salienta a súa calidade media. Logo dun debate decidiuse outorgar por unanimidade os tres premios da categoría. Unha vez abertas as plicas os premios corresponderon a:
1º premio (dotado con 500 euros) para MODESTO FRAGA MOURE, de Fisterra, pola composición “Alba de luz (Manual de navegación)”, presentada baixo o mesmo lema.
2º premio (dotado con 350 euros) para ROCÍO LEIRA CASTRO, da Pereiriña-Cee, polo poema “Desorballando o tempo”, presentado baixo o lema “Axóuxere”.
3º premio (dotado con 200 euros) para MARÍA DOLORES CANOSA LÓPEZ, de Vimianzo, por “Três sonetos para três farois”, presentado baixo o lema “Faros da Costa da Morte”.
O xurado quere destacar a calidade da composición gañadora “Alba de luz (Manual de navegación)”, que presenta unha estrutura formada por trece poemas dedicados a cadanseu faro da Costa da Morte, mesmo indicando as súas coordenadas nas cartas mariñas.
Con moitas referencias ao mundo clásico, moita musicalidade no ritmo e con especial incidencia no léxico mariño, así como na microtoponimia costeira.
O 2º premio foi para “Desorballando o tempo”, cuxo epígrafe tamén chamou a atención do xurado, sendo unha única composición de longo alento épico e moita narratividade no seu discurso lírico.
E o 3º premio foi para un tríptico de sonetos dedicados aos faros Vilán, Fisterra e Roncudo, que son os tres de máis relevancia na Costa da Morte.
O SEMESCOM resérvase o dereito a publicar os traballos premiados en calquera formato (de papel ou electrónico).
(Modesto Fraga le poemas do seu libro Derrota con raíces na videoteca da AELG)
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta