«Diego Rivera: Murais para o Museo de Arte Moderna»


Fresco sobre cemento reforzado en estrutura de aceiro galvanizado, 93 3/4 x 74″ (238.1 x 188 cm). Museo de Arte Moderna, NY. Abby Aldrich Rockefeller Fund. © 2011 Banco de México Fundación de Museos Diego Rivera e Frida Kahlo, México, D.F./Artists Rights Society (ARS), New York. Fotografía: Museo de Arte Moderna, Departamento de Servizo de Imaxes (John Wronn)
(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Se vos cadra de aquí a maio estardes por Nova York non perdades a oportunidade de visitar o Museo de Arte Moderna (MOMA). Unha das magníficas exposicións que se poden ollar é «Diego Rivera: Murais para o Museo de Arte Moderna» que se inaugurou o pasado 13 de novembro do 2011 e que vai estar deica o 14 de maio de 2012. Se coma min non ides ter ocasión de viaxar á cidade dos meus amados Woody Allen e Paul Auster recoméndovos as excelentes propostas interactivas que ten a propia páxina do MOMA. Así, nesta ligazón podemos percorrer e coñecer polo miúdo cada un dos murais recollidos na exposición e nesta outra ligazón adentrármonos en profundidade nos materiais e na técnica pictórica muralística do mexicano Diego Rivera. Un auténtico pracer.

Esta entrada foi publicada en Arte, Cinema, Exposicións, Narrativa. Garda a ligazón permanente.