Continuamos desde estas crebas coa segunda entrega da divulgación do fermoso proxecto poético na rede intitulado «Día da Balea» que promove a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), unha ONG galega fundada en 1992, adicada ao estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, a través da investigación.
Desta serie publicamos deseguida as catro seguintes lecturas poéticas, que tamén se poden ollar na canle de youtube da CEMMA, coas voces de Lucía Novás, Xosé Iglesias, Eduardo Estévez e María Lado.