Defender o uso da lingua galega é de «papistas», segundo Manuel Baltar Blanco


(Premer na imaxe para unha mellor lectura)
Agora, para os «novos galeguistas» defender o uso da lingua galega en espazos públicos é de «papistas». Ollade os chíos do twitter que se produciron esta mañá entre o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar Blanco, e quen isto escribe, a raíz da presentación hoxe do libro Chandrexa de Queixa, patrimonio artístico e tradición oral.
Manuel Baltar Blanco @ManuelBaltar
A las 11:30 presentare “Chandrexa de Queixa: patrimonio artístico e tradición oral”, nueva publicación de la Diputación de Ourense
Miro Villar ‏@MiroVillar
@ManuelBaltar A tradición oral de Chandrexa de Queixa, que eu saiba, non se expresa en castelán, señor!
Manuel Baltar Blanco ‏@ManuelBaltar
@MiroVillar Chandrexa universal. O libro en galego. A tradición oral depende de quen a transmita. Ao caron do Queixa non hai tanto papista!!

Esta entrada foi publicada en Lingua. Garda a ligazón permanente.