Declaran o 2012 como ano de Celso Emilio Ferreiro


Os tres grupos políticos representados no Parlamento de Galicia veñen de tomar o acordo de declarar o 2012 como ano de Celso Emilio Ferreiro, para conmemorar o centenario do seu nacemento. A resolución, que tivo unha polémica discusión (malia a unanimidade) segundo informa Galicia Hoxe, foi aprobada o 11 de outubro e nela ínstase ao goberno da Xunta de Galicia a adoptar as seguintes medidas:
1) Declarar o 2012 como ano de Celso Emilio Ferreiro destacando o seu labor como renovador da literatura galega e a súa actividade política e literaria de compromiso con Galicia e coa defensa das liberdades democráticas.
2) Esta declaración incluirá actuacións de promoción e difusión da súa biografía e obra e procurará a implicación de institucións públicas e culturais, singularmente a Fundación Celso Emilio Ferreiro a fin de conmemorar o centenario do seu nacemento.
3) A Xunta de Galicia elaborará preferentemente antes do 4 de Xaneiro de 2012 o catálogo de actuacións a levar a cabo durante o ano para dar a coñecer a figura e a obra de Celso Emilio Ferreiro.
En 1998 elaborei para Xerais unha guía intitulada Unha lectura de O soño sulagado, que debe estar esgotada pois non aparece por ningures no catálogo editorial e, o que é peor, semella que no seu blogue nin sequera lembran a súa publicación. Ben, o caso é que a guía (cuxa elaboración supuxo para min varias semanas de investigación e de traballo) circulou por moitos centros de ensino e entre os seguidores da poesía de Celso Emilio. Velaquí o índice do meu traballo:
I. A poesía galega na posguerra (1939-1955)
I.1. A poesía galega desde a guerra ata a publicación de Cómaros verdes (1947) de Aquilino Iglesia Alvariño
I.2. A poesía galega desde a fundación de “Benito Soto” (1948) ata a aparición de O soño sulagado de Celso Emilio Ferreiro
I.3. A anada poética de 1955
I.4. Revistas e suplementos literarios
I.5. Contexto poético (a modo de conclusión)
II. Traxectoria biográfica e literaria
II. 1. Os anos da infancia e da mocidade en Celanova
II. 2. Os anos da guerra
II. 3. A década pontevedresa
II. 4. A etapa viguesa
II. 5. A estadía en Caracas
II. 6. Os últimos anos
III. Análise de O soño sulagado
III. 1. Xénese, historia editorial e recepción
III. 1. 1. A xénese
III. 1. 2. A historia editorial
III. 1. 3. A recepción
III. 2. Estrutura
III. 3. Liñas temáticas
III.3.1. A viaxe interior (O soño sulagado individual)
III.3.1.1. Celanova e o paraíso perdido da infancia
III.3.1.2. A angustia existencial e a procura dunha resposta en Deus
III.3.1.3. O amor (Moraima) e a amizade
III.3.2. A reivindicación social (O soño sulagado colectivo)
III.3.2.1. A crítica sutil do réxime franquista
III.3.2.2. O antibelicismo
III.3.2.3. A emigración
III. 4. Intertextualidade
III. 5. As estruturas simbólicas
III. 6. A importancia do tempo e do espazo
III. 7. A voz poética
III. 8. Ritmo e repertorio retórico
III. 9. A métrica e a rima
III. 10. A lingua
IV. Lecturas complementarias
IV. 1. Autopoéticas
IV. 2. Textos críticos
V. Bibliografía básica

Esta entrada foi publicada en Estudos literarios, Poesía. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Declaran o 2012 como ano de Celso Emilio Ferreiro

  1. Pingback: As crebas » Tripla anotación sobre Celso Emilio Ferreiro

  2. Pingback: As crebas » Presentación do monográfico «Celso Emilio fai 100 anos»

  3. Pingback: As crebas » No centenario de Celso Emilio Ferreiro

Os comentarios están pechados.