De viaxe a Éire, a República de Irlanda, co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom)




(Mapas da Irlanda Unida, que reivindican os nosos irmáns do Sinn Féin e outras organizacións. O primeiro é do século XVIII, aínda baixo dominio británico toda ela. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Véspera de principiarmos a nosa viaxe a Éire, a República de Irlanda, co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom), que preside Xosé María Lema Suárez e do que fago parte. Vai ser entre os días 22 e 29 de agosto e nese tempo esta bitácora tamén descansará.
No entanto, xa estamos a ler a magnífica guía ilustrada, en formato pdf, coa que sempre nos agasalla o noso amigo O’Lema e que lle serve de alicerce para as súas sempre interesantes e documentadas anotacións durante a viaxe.
Velaquí o pdf coas cumpridas notas do noso caro presidente: guía Irlanda ilustrada
(A derradeira imaxe recolle as pegadas do itinerario de Leopold Bloom, o célebre protagonista do Ulysses de James Joyce, polas rúas do Dublín naquel 16 de xuño de 1904. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)

 

Esta entrada foi publicada en Arte, Historia, Lendas e mitos, Lingua, Poesía, Política, Roteiros. Garda a ligazón permanente.