(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Por volta de 2006, o poeta fisterrán Modesto Fraga e mais eu demos cabo á antoloxía panorámica intitulada De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte), que Sotelo Blanco co-editaría coa Asociación Neria andando xa o 2009.
A raíz da súa difusión, Manuel Gago, do Consello da Cultura Galega, elaborou unha edición xeográfica para Google Earth (á que aínda se pode acceder e descargar de balde) no portal culturagalega.org, que se subiu á rede o 16 de setembro do mesmo 2009. A nova levaba esta presentación:
«Esta é unha versión xeográfica para Google Earth desta antoloxía poética. Non figuran todos os poemas, senón aqueles nos que hai referencias xeográficas concretas da Costa da Morte.
A primeiros de mes falamos da publicación De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, unha estensa antoloxía editada por Miro Villar e Modesto Fraga que reivindica esta franxa litoral como paisaxe literaria. E culturagalega.org quixo experimentar con ela, ofrecéndovos o que cremos que é un dos primeiros poemarios en Google Earth, para que compares a paisaxe cos versos dos poetas».
Canda ela vai unha ligazón onde descargar de balde o KMZ que dá acceso, con só termos instalado nos nosos computadores o Google Earth, tamén libre.
Manuel Gago fixo unha escolla entre todos os poemas e mesmo agrandou o concepto de Costa da Morte que Modesto Fraga e mais eu defendemos no prólogo, pois situou as estremas polo Norte na cidade coruñesa, co poema de Rafa Vilar «Porto da Coruña, ano mil novecentos e poucos», e polo Sur en Muros, co poema de Marilar Aleixandre «Monte Louro».
Velaquí a nosa Introdución a De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte):
INTRODUCIÓN
Mais aos que atormenta
un estro soberano,
coma todo que trague
o seu tempo contado,
non intentés, non intentés detelos,
que son aves de paso.
Eduardo Pondal
Esta antoloxía panorámica nace co obxectivo de xuntar nas súas páxinas a todos os escritores e escritoras da Costa da Morte, unha compilación que nos leva desde Eduardo Pondal (Ponteceso, 1835) deica María Lado (Cee, 1979). É un percorrido poético que se inicia no libro Queixumes dos pinos (1886), aínda que Pondal xa era poeta en galego moito antes, e que remata neste ano 2006 que andamos, conformando un traxecto de cento vinte anos de poesía galega neste territorio mítico. Moito se ten escrito sobre a Costa da Morte e mesmo se ten polemizado sobre os seus límites, daquela optouse pola opción máis seguida e que acada un maior consenso, aquela que entende que a Costa da Morte é un espazo xeográfico que vai dende as Illas Sisargas en Malpica de Bergantiños ata a península de Fisterra. Desta maneira comprendería os concellos das comarcas de Fisterra, tamén chamada Nemancos, (Fisterra, Corcubión, Cee, Dumbría e Muxía), da comarca Terra de Soneira (Camariñas, Vimianzo e Zas) e do Bergantiños costeiro (Laxe, Cabana, Ponteceso e Malpica). Fóra quedarían terras estremeiras como Carnota e Muros polo banda do Sur ou tamén Carballo, A Laracha, Arteixo e A Coruña pola banda do Norte.
Alén diso, neste territorio son numerosos os autores e autoras, moitos deles con obra dispersa, polo que esta antoloxía unicamente recolle a todos os poetas que teñan publicado cando menos un libro individual de versos en lingua galega ou que teñan a súa obra recompilada, no caso dos máis antigos (Victorino Abente, Paz Lestón ou Teodoro Morgade). Todos e todas son orixinarios destas terras ou teñen unha forte compoñente familiar e de afectos con este territorio, isto explicaría a presenza de Evaristo Martelo Paumán, que foi señor das Torres de Vimianzo e que era fillo de laxenses, de Marilar Aleixandre, enraizada en Toba (Cee), de Serxio Iglesias ou de Suso Bahamonde, todos tres nados fóra mais cunha enorme e indiscutible vinculación con este territorio. A propia María Lado, que naceu nun taxi coma ela propia sempre confesa, non podería figurar aquí se non fosemos flexibles neste criterio, do que unicamente se responsabilizan os compiladores deste volume. Porén, non debe resultar estraño o feito de ficaren fóra outros autores e autoras que habitaron ou habitan a Costa da Morte, por teren ao noso xuízo un menor e mesmo circunstancial fío umbilical con esta paraxe.
No caso dos poetas vivos son os propios autores e autoras os que fixeron a escolla dos textos que se publican nestas páxinas, mentres que Miguel Anxo Mato Fondo fixo a escolma de Eduardo Pondal, Xosé Manuel Varela antologou a Enrique Labarta Pose, Miro Villar fixo o propio coa obra de Victorino Abente, Gonzalo López Abente, Evaristo Martelo Paumán, Xervasio Paz Lestón e Antón Zapata García, e, finalmente, Xosé María Rei Lema colaborou con este proxecto para se encargar de peneirar os versos de Manuel Caamaño Devesa e Teodoro Morgade.
A orde que se segue é sempre cronolóxica, tendo en conta a data de nacemento do autor ou autora, e independentemente da importancia da súa produción foron reservadas oito páxinas de texto para cada poeta. De existiren erros ou omisións, a responsabilidade é exclusiva dos compiladores desta antoloxía.
Velaquí estas voces que ecoaron ou aínda ecoan nas terras da Costa da Morte. Cento vinte anos contemplan o seu estro poético, dende Pondal ata os que poderían ser os seus netos e os seus bisnetos, catro xeracións humanas que no futuro inmediato han deixar paso a outras máis novas con libro individual, moitas delas agora esparexidas en boletíns, fanzines ou revistas.
Velaquí pois o pasado e o presente poético da Costa da Morte. O futuro aínda está por escribir.
MODESTO FRAGA e MIRO VILLAR
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta