(As fotografías que ilustran esta anotación son de propia autoría)
A xeira anual do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom), «Da Gallaecia á Provincia Nostra. Da Gallaecia á Provincia Nostra. Viaxe á rexión da Provenza e parte da Occitania», que nos levou a viaxar entre os días 14 e 22 de xullo polas terras provenzais dos departamentos de Bouches du Rhône e Vaucluse e polas occitanas dos departamentos de Haute Garonne, Aude e Gard, tivo unha segunda e moi completa crónica que realizou a profesora Xela Cid e que pode ler no propio sitio web do SemEsCom.
Impresións da viaxe do SEMESCOM á Provenza (14-22 de xullo de 2017)
Por Xela Cid
Un ano máis o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) fixo a xa tradicional viaxe estival, tras nove anos consecutivos de variados destinos por Europa.
Foi un percorrido polas rexións francesas da Provenza e parte da Occitania, no sur do país veciño, que xa visitamos noutras ocasións e que sempre nos sorprende pola súa riqueza arquitectónica, histórica, cultural e natural.
Coñecer Francia polo miúdo dá para moitas viaxes pola súa gran diversidade. Disque cada rexión é distinta visual e sentimentalmente.
Temas e obxectivos
Os temas principais nesta ocasión e os obxectivos propostos e conseguidos foron variados. O SEMESCOM fixo un achegamento durante nove días a aspectos diferentes deste sur francés.
1.- Visitar grandes cidades coma Toulouse e Marsella, e outras máis pequenas e vilas sobranceiras. En total, unhas vinte localidades, todas con características propias que as fan únicas.
Na primeira etapa da viaxe foi o encontro con Toulouse, a cidade rosa, á beira do río Garona e con arume a violeta. Logo, Carcassonne, coa cidadela, a maior cidade fortificada de Europa, patrimonio da UNESCO. Axiña chegariamos á fabulosa fortaleza papal de Avignon, para gozar por unha noite do ambiente na rúa do seu famoso festival de teatro.
2.- Seguir as arterias fluviais naturais, os grandes ríos que marcan o sur de Francia: o Garona, pirenaico, que remata no Atlántico no amplo esteiro da Gironde; e o Ródano, alpino, que vai ó Mediterráneo formando un gran delta no golfo de León.
E unha vía artificial construída no século XVII, que amosa a súa mellor cara entre Toulousse e Carcassonne: o Canal du Midi, hoxe patrimonio da UNESCO.
3.- Descubrir o legado impresionista e, sobre todo, o postimpresionista, en Aix-en-Provence, a cidade de Cézanne, coa súa montaña de Saint Victoire, e seguir os pasos de Van Gogh pola cidade de Arlès.
4.- Explorar o extraordinario patrimonio romano de Orange, co seu magnífico teatro, os anfiteatros de Arlès e Nîmes, que dan fe da importancia da vía Domitia que unía Roma coa Galia, ou o acueduto e ponte do Pont-du-Gard, e os restos arqueolóxicos de Vaison-la-Romaine.
5.- Sentir os roteiros da lavanda atravesando os macizos calcarios como o do Luberon, na contorna da abadía de Sénanque, por Gordes e co monte Ventoux, máxima altura da Provenza, sempre ó fondo.
6.- Gozar das paisaxes mariñas, sobre todo das Calanques de Marsella, descubertas en barco, e que son unha sucesión de entrantes que forman calas, como minirrías, e que se estenden ata a pequena poboación de Cassis. Descubrir tamén, case ó final da viaxe, as marismas da Camargue.
7.- Repasar os grandes espazos naturais desta zona, con moitos os lugares protexidos de gran valor. Chaman a atención as grandes gorxas como a do río Ardèche, que se poden admirar dende altos miradoiros, e que remata no Pont d’Arc, maxestoso arco natural sobre o río, baixo o que nos puidemos dar un bo baño.
Tamén puidemos coñecer mellor o bosque mediterráneo e a súa riqueza florística e faunística.
8.- Profundizamos na xeografía e na xeoloxía e percorremos carreiros coma o dos ocres do Roussillon, e achegámonos á singular vila de Les-Baux-de-Provence, que, polas súas minas, deu nome á bauxita.
9.- O estado das linguas minoritarias (máis ben minorizadas) tamén é un dos intereses deste Seminario. E aquí atopámonos co idioma occitano ou lingua d’oc, sobre a que Xosé Mª Lema nos informou amplamente, xunto cun informe sobre a historia de Occitania, con feitos tan importantes na historia universal como a cruzada contra os cátaros (iniciada en 1208), o papado de Avignon (1309-1377) ou o Cisma de Occidente (1378-1417).
10.- Os mercados locais e a gastronomía tamén son moi importantes neste paraíso mediterráneo.
Todos estes aspectos foron traballados previamente por Chus Barbeira, Xosé Mª Lema e Antón García Losada.
Despois, xa no bus, ponse en marcha a «escola rodante» coa participación activa dos viaxeiros que completan e achegan novas informacións, xerando un ambiente cultural e festeiro realmente singular, que fai que xantemos quilómetros sen decatarnos. É o tempo das «conferencias rodantes», dos «petiscos» ou dos «provenzais», segundo por que país rodemos.
A viaxe vai chegando ó seu fin. Despois de atoparnos co Ródano varias veces, en Arlès divídese en dous brazos (o Grand Rhône e o Petit Rhône) e avanza cara o mar formando un delta para deixar os sedimentos acumulados polo camiño. Aproximámonos ó delta en Aigues Mortes, para albiscar as marismas e as salinas da Camarga, ollar canaveiras e anátidas e mercar sal e arroz. É o agasallo final do gran río francés e europeo, reserva nacional dende 1927.
Reflexións
Así xa de regreso a Galicia, chega o tempo das reflexións.
O coñecemento cada vez máis profundo de Francia permítenos contrastar con España, e, sobre todo, coa nosa Terra, Galicia, e tirar algunhas conclusións sobre temas nos que levamos un considerable atraso e que non semellan resolverse co paso dos anos.
Francia nunca deixa de sorprendernos, e esta vez vimos con claridade que este país ten unha ordenación do territorio e un aproveitamento do solo envexable, e que non pode ser froito da improvisación, algo que nós estamos lonxe de conseguir.
Chama a atención a cuberta vexetal autóctona continua ata o cumio dos outeiros e das montañas, ou nas áridas terrazas calcarias do Ardeche. Todo o relevo, todo o campo, está ordenado e aproveitado. A conservación das sebes naturais e as agrupacións de árbores autóctonas entre os terreos de cultivo crea diversidade paisaxística e riqueza biolóxica.
Tamén é salientable a ausencia de cables aéreos á vista, de galpóns, de entulleiras e de restos de todo tipo. A falta de poboación dispersa -todo hai que dicilo- que facilita a conservación do medio.
Tamén está o tema dos incendios. Non se ve terreo queimado. Hai unha regra que define as condición de máximo risco de incendio: é a 30-30-30. Máis de 30 graos de temperatura, menos do 30 % de humidade ambiental e máis de 30 km por hora de velocidade do vento do norte. Ningún destes factores é importante en Galicia. Ademais temos unha orografía de difícil acceso. Pero arden todos os anos miles de hectáreas.
Na Provenza sorprendeunos un grande incendio, pero vimos que se estaba atallando con celeridade e múltiples recursos. Ademais aquí as temperaturas son moi altas, baixísima humidade e forte vento. Na maior parte de Francia o terreo é chairo; máis montañoso na Provenza.
A conclusión é que aínda en condicións extremas de risco o monte só arde se se lle prende lume. En Galicia é certo que temos unha dispersión de poboación enorme e unha masa forestal inmensa de árbores pirófilas, que arden con facilidade, como os piñeiros e os eucaliptos.
Polo tanto, Francia danos unha lección importante: que temos pendente unha ordenación do territorio moi urxente e un aproveitamento do monte e das terras de labor que faga que se valoren e se respecten.
Rematamos así unha fermosísima e produtiva visita a estas rexións do sur francés.
Unha viaxe sensorial onde as haxa. Funcionaron a tope os cinco sentidos. Os ollos tiveron que adaptarse á luz provenzal cegadora, ás cores pastel de Toulouse, ó azul marsellés e ós ocres de Roussillon.
O nariz adaptouse ós arumes do xabrón de Marsella, ás violetas de Toulouse e ás lavandas da Provenza e ás aromáticas do bosque mediterráneo.
O ouvido ó canto continuo e persistente das cigarras, totalmente camufladas e case invisibles
O gusto aos sabores dunha gastronomía única mediterránea e incluso taurina.
E, finalmente, o tacto ó contacto cunha natureza contundente.
E o mellor de todo o ambiente foi a complicidade entre os viaxeiros que, como dicía un deles, “encántame todo destas viaxes, pero sobre todo os momentos de humanidade.”
Despedímonos de Francia dende Lourdes, mirando os Pireneos e recuperando a chuvia, que non vimos nos nove días.
Lembranzas e vivencias compartidas
O grupo de viaxeiros volvemos cargados de coñecementos novos, de experiencias e de vivencias compartidas; e, por suposto, de agasallos e recordos. Toca baleirar a maleta xa nas nosas casas cun recordo imborrable deste Midi francés.
Sen dúbida o Seminario cumpriu de sobra cos obxectivos desta viaxe e recargouse de enerxía para seguir traballando pola Costa da Morte e por Galicia.
Grazas a todos polo traballo ben feito e ós viaxeiros por gozalo e compartilo.
Outras viaxes, outros anos, outros anacos do mundo nos esperan.
Xela Cid
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Adeus a Bernardino Graña, profeta do mar
- Presentación de “Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina” o sábado 18 de febreiro, ás 11:30 no Museo do Pobo Galego
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2025
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Xaneiro 2025 (2)
- Decembro 2024 (1)
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta