(Imaxes e montaxe de Pepe Castro. Por cortesía de Xosé Luna Sanmartín, escritor e mestre do CEIP do Foxo. O vídeo está aloxado no seu sitio web)
Diversos medios de comunicación fixéronse eco antonte do lanzamento trasantonte da reedición da novela O nariz de Fiz, desta volta con ilustracións de Emanuel Lomeña na colección «Árbore» da Editorial Galaxia, que se celebrou no CEIP do Foxo (A Estrada). Agradézolle inmenso á comunidade educativa, alumnado en “agrupamentos burbulla” por mor da pandemia e profesorado, a súa cálida e xenerosa acollida, ao desenvolveren diversas actividades arredor da lectura do libro ou da miña obra poética. Un paxe de agradecemento polo seu labor, non só nesa xornada pois son farol e exemplo pedagóxico desde hai anos. De feito, a súa biblioteca que coñecín hai 15 anos medrou en tamaño e fermosura. Parabéns.
Deseguida reproduzo aquí as breves crónicas dos xornais Faro de Vigo e La Voz de Galicia, nas súas respectivas edicións do Deza, así como no dixital Que pasa na Costa. Pódense ler tamén premendo nestas ligazóns:
https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2020/12/15/o-foxo-recibe-miro-villar-26320091.html
(Faro de Vigo, edición do Deza)
O Foxo recibe a Miro Villar pola reedición da obra “O Nariz de Fiz”
| FOTOS: BERNABÉ/ANA AGRA
O Foxo recibe a Miro Villar pola reedición da obra “O Nariz de Fiz”
O colexio estradense de O Foxo foi o escollido onte para a presentación da reedición, por parte de Editorial Galaxia, da obra O nariz de Fiz, da autoría de Miro Villar. O escritor chegou a este centro educativo do rural da Estrada a primeira hora da tarde. Foi recibido no Xardín da Poesía e con música, grazas á participación dun grupo de cantareiras. De seguido, plantou unha árbore neste espazo –escolleu un limoeiro– e máis tarde estreou o seu propio recuncho na biblioteca do centro. Aínda que en pequenos grupos pola situación sanitaria, os alumnos de distintos cursos foron sumándose a esta homenaxe con lecturas e recoñecementos diversos.
(Voz de Galicia, edición do Deza)
Encuentro con Miro Villar en el CEIP de O Foxo
foto Natalia Pena
Catorce años después de su primera visita, el escritor Miro Villar estuvo ayer en el colegio de O Foxo. Fue recibido con una interpretación musical antes de presentar a distintos grupos burbuja de alumnos la reedición de su libro O nariz de Fiz. En la entrada del CEIP se exhibían ejemplares de sus obras, para cumplir con la tradición de plantar un limonero, como otros autores. Hubo lectura de sus textos y un rincón en la biblioteca para sus fondos.
(Que pasa na Costa)
Miro Villar leva “O nariz de Fiz” ás escolas
Xa está dispoñible (é un perfecto regalo de nadal), o novo libro de Miro Villar. O nariz de Fiz, da Editorial Galaxia, conta as aventuras no rural dunha “criatura pequerrechiña e miudiña”. E así as viviron os peques do CEIP O Foxo, na Estrada, escollido para a presentación da reedición da obra.
No fermoso marco do Xardín da Poesía, e acompasado con gaitas e tradición, Miro prantou un limoeiro e contou na Biblioteca do centro como naceu este libro, grupo a grupo. Recibiu ademais un agasallo da familia estradense.