Crónica da presentación en Carballo da Poesía Completa de Gonzalo López Abente


(A fotografía do acto é de José Manuel Casal ©. Premer na imaxe para agrandar o tamaño e ter unha mellor lectura)
A imaxe reproduce a crónica publicada na edición comarcal de La Voz de Galicia-Carballo do acto de presentación do volume compilatorio Poesía Completa de Gonzalo López Abente o pasado venres, día 13 de decembro, no Casino de Carballo, nun acto organizado pola Fundación Gonzalo López Abente, as Edicións Espiral Maior e o Instituto de Estudos Bergantiñáns.
No acto, no que nos acompañou unha ducia de persoas (entre as que estaban o amigo escritor Fernando Cabeza Quiles ou a artista Viki Rivadulla, alén de secretaria da Fundación Gonzalo López Abente), participamos Xan Fernández Carrera, vice-presidente do Instituto de Estudos Bergantiñáns e patrón da Fundación Gonzalo López Abente;  X. H. Rivadulla Corcón, vicepresidente da Fundación Gonzalo López AbenteMiguel Anxo Fernán-Vello, director das Edicións Espiral Maior e eu propio como editor literario da obra.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.