Crebas, as fotografías de Manuel Sendón na Atalaia


Manuel Sendón (A Coruña, 1951) é o autor da fotografía que ilustra a cuberta do meu poemario As crebas e que me cedeu de maneira altruísta e xenerosa. Sendón, que ten casa na localidade fisterrá do Sardiñeiro, doutorouse en Belas Artes en 1997 e é profesor de Fotografía na Facultade de Belas Artes de Pontevedra dende 1993, alén de dirixir o Grupo de Investigacións Fotográficas da Universidade de Vigo e de codirixir con X.L. Suárez Canal o Centro de Estudos Fotográficos. Boa parte da súa obra vén de ser incorporada á Atalaia, canle de arte contemporánea de culturagalega.org. Nesta imprescindible fiestra poden ollarse agora as súas series fotográficas intituladas Casas doentes, Crebas, Derradeira sesión ou Obras, entre outras, “achegando as súas diferentes olladas sobre obxectos cotiáns e a súa sensibilidade para a estética do abandono”, en palabras da redacción de Atalaia.

Esta entrada foi publicada en Arte, Fotografía, Poesía. Garda a ligazón permanente.