(Imaxe tirada do facebook do Diario Cultural)
O Diario Cultural da Radio Galega, que dirixe a poeta Ana Romaní, emitiu o pasado venres o texto da miña autoría que parafrasea o poema «Que ten o mozo?» de Rosalía de Castro (Cantares Gallegos, 27), dentro do proxecto «De Cantares Hoxe».
Pódese escoitar nas seguintes ligazóns:
http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-24-05-2013-592826
http://www.crtvg.es/rg/destacados/etiqueta/cantares-gallegos
Tamén esta aqui:
https://www.facebook.com/diariocultural
E aqui o programa enteiro:
http://www.crtvg.es/rg/a-carta/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-24-05-2013-592822
Deseguida ofrezo o texto do poema de Rosalía de Castro e a miña paráfrase poética, alén dun fragmento que recibín para explicar o proxecto.
«Que ten o mozo?»
I
¿Que ten o mozo?
¡Ai!, ¿que terá?
Ponme agora unha cara de inverno,
despois na fiada, ¡sonrisas de tal!
Quer que baile con el no muíño,
i aló pola vila nin fala quisais.
¿Que ten o mozo?
Pois… ¿que terá?
Unhas veces, canciño de cego,
por onde eu andare seguíndome vai;
nin hai sitio donde eu non atope
un Bras con cirolas i os zocos na man
¡Ai, que mociño!
¡Ai, que rapaz!
Noutro instante, ¡mirá que fachenda!:
atruxos que asombran ó mesmo lugar.
¡¡¡Brr!!!, que parece que pasa soberbo,
mandando nos homes su real maxestá.
Mociño, ¿es tolo?
¡Ai!, ¿si o serás?
Eu non podo entender, meu amore,
que airiños te levan, que airiños te trán,
nin tampouco cal xeito te cadra,
tratándose, mozo, do teu namorar.
¡Ai! ¡Dios me libre
de ti, bon Bras!
Que no meu entender te acomparo
ó mesiño de marzo marzal:
pola mañán, cariña de rosas,
pola tarde, cara de can.
¡Mala xuntanza
facemos! ¡¡Ai!!
II
¿Que di a meiguiña,
que di a traidora?
Corazón que enloitado te crubes
cos negros desprezos que a falsa che dona,
¿por que vives sofrindo por ela?
¿por que, namorado, de pena saloucas?
Si ela é bonita,
ela é traidora.
Di, con mengua de min, que non sabe
que airiños me viran, veleta mal posta…
Que cho digan, rapaza, os teus ollos,
que agora me chaman, dempois me desbotan.
Que anque es bonita,
eres traidora.
Si unhas veces amante che falo,
e si outras renego de ti…, ¡pecadora!
¿cales auguas repousan serenas,
si o vento que as manda rebole antre as ondas?
E ti ben sabes
que es revoltosa.
Son canciño de cego en quererte…:
tal bulra merece quen ama sin conta,
pois cos zocos na man ou sin eles,
ás portas do inferno seguíndote fora.
Tal estou tolo,
tal es graciosa.
¡Que de marzo marzal teño a cara…!
Quisais que así sea, mais ti, miña xoia,
tamén es cal raiola de marzo,
que agora descrube, que agora se entolda.
Iguales semos,
nena fermosa
PARÁFRASE DO POEMA QUE TEN O MOZO?
(Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 27)
Marzo, marzal:
pola mañán, cariña de rosas,
pola tarde, cara de can.
FALA ELA (desde o seu desasosego):
O teu rostro de inverno ora empardece,
ora de primavera xa alborece,
abala entre a fachenda e o amor cego.
Dáme a mesma dozura que che entrego,
non haberá ningún tece e destece
da que cose entre bágoas e entristece.
Ben se entende a nacenza do meu prego.
E FALA EL (desde a súa incomprensión):
Todo en ti ten beleza e fermosura
e anéganme mareas de amargura.
O teu silencio sábeme a traizón,
devezo a túa voz, morno aloumiño,
onda min a acalmar o remuíño.
Abril do 2013
(PROXECTO)
O Diario Cultural, o informativo cultural da Radio Galega, súmase á conmemoración do 150 aniversario da edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro co proxecto de emisións poéticas “De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no Seculo XXI”.
A proposta enmarcase na xenealoxía do literario e do seu carácter de palimpsesto no que tempos e voces conflúen, escriben e reescriben na consciencia do seu propio eco. Ao tempo “De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no Seculo XXI” gustaría de subliñar a vixencia da voz poética de Rosalía de Castro e a capacidade que a súa obra ten de seguir a xerar diálogos. Ademais pois a historia da literatura é tamén sonora, o proxecto pretende contribuir á conformación dun arquivo poético sonoro no que o poema, a súa dicción, adquira a relevancia que grafía adquire no texto escrito.
“De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no Seculo XXI” procura os acentos da obra de Rosalía de Castro na dicción e na escrita contemporánea. Non se trata de trasladar senón de re-crear, de crear cos materiais da poética contemporánea as tensións que emerxen nos textos de Rosalía de Castro. O proxecto concretase na reescrita dos 36 poemas de Cantares Gallegos. É por iso que nos diriximos ti, para solicitar a túa participación nesta iniciativa. Trataríase de escoller un dos 36 poemas de Cantares Gallegos e nesa mesma substancia do texto escribir o teu propio poema, procúrase un diálogo poético que nada ten de submisión a un texto dado nin de tradución dun noutro senón de exercicio de libre creación a partir dun poema de Rosalía de Castro.
Trala gravación do texto lido na túa propia voz, rexistro sonoro para o que se desprazaría un equipo técnico da Radio Galega, procederíase á emisión das pezas sonoras que constarían do poema orixinal de Rosalía de Castro e o novo poema da túa autoría. A emisión realizarase no Diario Cultural da Radio Galega e noutros programas da radio publica de Galicia ao longo deste ano 2013. No mes de maio procederíase á presentación de toda a serie cunha lectura pública dos poemas, acto para o que agradeceriamos a túa participación.
A Radio Galega conforme aos obxectivos que marca a Lei de Creación da CRTVG quere contribuir á divulgación da obra de Rosalía de Castro, sumarse á conmemoración do 150 aniversario da edición de Cantares Gallegos e propiciar ao tempo un diálogo interxeracional entre a obra da escritora e as novas poéticas que conforman o corpus contemporáneo da poesía.
Con estes obxectivos presenta o proxecto “De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no Seculo XXI”. Unha serie de emisións radiofónicas nas que os poemas de Cantares Gallegos en diálogo coas poéticas do século XXI son reescritos por autores e autoras contemporáneos.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta