Convocatoria do III Premio de Poesía Gonzalo López Abente

III PREMIO DE POESÍA GONZALO LÓPEZ ABENTE
III PREMIO DE POESÍA GONZALO LÓPEZ ABENTE
(Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Na proximidade do Día Mundial da Poesía (21 de marzo) a Fundación Gonzalo López Abente vén de convocar o III Premio de Poesía Gonzalo López Abente, para libros de poemas en lingua galega, en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
As bases da convocatoria, que reproduzo deseguida, tamén se poden ler na páxina web da Fundación, neste documento en pdf ou no dixital quepasanacosta. Tan só lembrar que o prazo de presentación de orixinais pecha o 27 de abril do 2015.
BASES III PREMIO DE POESÍA GONZALO LÓPEZ ABENTE
A Fundación Gonzalo López Abente, coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, convoca o III Premio de Poesía Gonzalo López Abente , en lingua galega.
1. Poderán concorrer ao III Premio de Poesía Gonzalo López Abente autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega, conforme á normativa vixente. Os textos presentados serán inéditos, condición que se estende ao soporte dixital, e non poderán estar premiados en ningún outro concurso de poesía.
2. A extensión dos textos non deberá ser menor a 400 versos.
3. De cada orixinal presentarase en sobre pechado sen remite catro copias en papel, mecanografadas a dobre espazo e debidamente encadernadas ou grampadas, antes do día 27 de abril de 2015, na sede da fundación: Fundación Gonzalo López Abente R/ Virxe da Barca, 49. Casa das Beiras 15124 Muxía (A Coruña) Indicarase no sobre “III Premio de Poesía Gonzalo López Abente”.
4. Os orixinais presentaranse baixo lema e xunto coas copias achegarase un sobre pechado, identificado co mesmo lema, que conterá o nome e os apelidos do autor ou autora, enderezo postal, número de teléfono e enderezo electrónico.
5. O xurado estará composto por tres poetas de recoñecido prestixio no ámbito da literatura galega e como secretario/a actuará un representante da fundación.
6. O premio terá una dotación única de 2.000 €, suxeito á normativa fiscal vixente, e máis unha peza escultórica conmemorativa. A obra premiada será propiedade do seu autor ou autora, agás a primeira edición, que será publicada por Edicións Xerais de Galicia. En posteriores edicións, ao igual que na primeira, farase constar a condición de premiada no III Premio de Poesía Gonzalo López Abente.
7. O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime e a decisión será inapelable.
8. Os orixinais non premiados poderán ser recollidos na sede da fundación , previa solicitude, no prazo dun mes. Os que neste prazo non sexan recollidos destruiranse.
9. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das bases e da interpretación que delas faga o xurado, non admitíndose recurso contra a decisión que este adopte nas súas funcións.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Premios. Garda a ligazón permanente.