Convocatoria do I Premio de Poesía Gonzalo López Abente




(Na fotografía, de esquerda a dereita: o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o presidente da Fundación Gonzalo López Abente, Félix Porto Serantes, e o vicepresidente, X. H. Rivadulla Corcón. Premer na imaxe das Bases para unha mellor lectura)
A Fundación Gonzalo López Abente vén de convocar o I Premio de Poesía Gonzalo López Abente, para libros de poemas en lingua galega. en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
A nova da presentación e as bases da convocatoria pódense ler na páxina web da Fundación, na da propia Secretaría Xeral de Cultura ou no dixital quepasanacosta. Tan só lembrar que o prazo de presentación de orixinais pecha o 25 de maio do 2013.
Alén da dotación económica, o aspecto máis salientable é a garantía da publicación por parte de Edicións Xerais de Galicia, feito moi importante debido á escaseza de oportunidades para publicar versos neste tempos de crise cultural e editorial, na miña opinión non só derivados da crise económica propiciada polo neoliberalismo que nos goberna por toda a parte.
Desde esta bitácora facemos un chamado á participación das e dos poetas para prestixiarmos a convocatoria que nace como homenaxe ao poeta muxián Gonzalo López Abente no ano que imos conmemorar o cincuentenario do seu pasamento.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Premios. Garda a ligazón permanente.