Contada no Centro de Interpretación Pico Sacro de Lestedo, mañá sábado, ás 18, 00 h.


A asociación cultural Mestre Manuel Gacio (Lestedo, Boqueixón), que preside o escritor e amigo Xosé Manuel Lobato, convidoume a facer unha contada mañá, sábado 8 de febreiro, ás 18,00 horas no Centro de Interpretación Pico Sacro de Lestedo.
Baixo o epígrafe “Contada rimada”, nenas e nenos, e maiores que lles fagan compaña, poderán asistir á narración oral e lectura comentada con proxeccións dos debuxos de tres contos rimados da miña autoría. Falaremos de Carlota e a gaivota patiamarela, a través das ilustracións de Enjamio, sobre a desfeita dunha marea negra; Rebelión na charca, narrado a través das ilustracións de Ana Santiso, unha fábula sobre a prepotencia, a soberbia e o abuso de poder, e, finalmente, A cobiza do verme Noel, a través das ilustracións realizadas por Marta Álvarez Miguéns, sobre a maldade de atesourar todo sen partillar nada cos demais.
A entidade vai agasallar un exemplar do último libro nomeado á rapazada que nos veña escoitar.

Esta entrada foi publicada en Contos, Narrativa, Poesía. Garda a ligazón permanente.