Presentación de Versus Cianuro no Clavicémbalo de Lugo (mañá, 20h.)


(Premer na imaxe para unha mellor lectura)
Mañá, 20 de setembro, será día de andaina literaria.
Marchamos cara á cidade das murallas, cara ao mítico pub Clavicémbalo, onde xa en decembro de 1997, catro compoñentes do Batallón Literario da Costa da Morte (Rafa Villar, Modesto Fraga, Alexandre Nerium e Xavier R. Fidalgo), convidados daquela polo Comité Aberto da Facultade (CAF) da USC no Campus de Lugo deron un recital de poesía xunto cun grupo de pandereteiras da cidade.
Desta volta, ás 20 horas hei participar na presentación do volume colectivo Versus Cianuro, escrito contra a mina de outo tóxica de Corcoesto. Presentarán o acto Lois Pérez e José Luís Estévez e lerán un comunicado ADEGA, FRUGA e as Comisións Labregas. Participaremos os poetas María José Fernández, Verónica Martínez Delgado, Rosalía Fernández Rial, Alberte Momán, Modesto Fraga e eu propio e na parte musical Pilocha, Carolina e o seu grupo, alén doutros convidados.
Estarei aló, malia non facer parte do volume (o coordinador Paco Souto non me perdoa que se me fose o prazo de entrega) polo interese que puxo a pqesoa que organiza a presentación, o poeta lugués Estévez, a quen coñecín persoalmente en agosto deste ano na última feira do libro de Cee.

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “Presentación de Versus Cianuro no Clavicémbalo de Lugo (mañá, 20h.)

  1. Pingback: As crebas » As sereas atlánticas de Lugrís

Os comentarios están pechados.