Ben fermosa a iniciativa dese número especial do suplemento Culturas de La Voz de Galicia, realizado en colaboración coa Real Academia Galega (RAG), que xunta cincuenta artigos asinados por outros tantos académicos numerarios e correspondentes sobre os protagonistas do 17 de maio, Día das Letras Galegas, desde a súa creación en 1963 e ata o actual 2012. As colaboracións pódense ler todas, de maneira aberta ao público, na páxina do rotativo coruñés, porén nesta bitácora reproducimos os artigos dedicados aos únicos autores da Costa da Morte que figuran na listaxe: Eduardo Pondal Abente, Día das Letras Galegas, 1965, nun texto escrito por Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da RAG, e Gonzalo López Abente, Día das Letras Galegas, 1971, por Xosé María Lema Suárez, académico correspondente. Cabo deles tamén un autor de quen conmemoramos o seu centenario, Celso Emilio Ferreiro, Día das Letras Galegas, 1989, e cuxo texto está escrito por Alba Nogueira López, nada en Toba (Cee) en 1968 e profesora de Dereito Administrativo na USC e académica correspondente.
As breves semblanzas van acompañados dunha bibliografía escollida, non completa.
Eduardo Pondal Abente. Día das Letras Galegas, 1965
Por Xosé Luís Méndez Ferrín
Pondal foi, coma todos os seus próximos, un nacionalista que confiaba na Iberia federada, na que non podía faltar Portugal. No que se refire ao seu modo poético, el foi e segue a ser diferente a todos os nosos clásicos. Representa coma ninguén a superación da estilística decimonónica da sensibilidade romántica e a apertura ás formas do século XX. El viu, o primeiro, a necesidade de superar todo verismo e exhalou un idealismo atemporal sumamente vigoroso. Promoveu unha lingua literaria «de ouro», descargada de populismo. A súa condición de humanista e políglota estivo ao servizo da construción desa lingua literaria e sabia, e en tal labor recoñeceu a Curros como principal coadxuvante. Pondal, ademais, é o pasado mítico. Estaba seducido polo mundo grego, polo viquingo, mesmo por outros exóticos ou lendarios, como corresponde ao tempo en que el sabía que estaba a botar os alicerces dunha literatura nacional. Chantou os pés na terra de Bergantiños e mergullouse no Océano occidental, polo que sentiu fascinio, desde a atalaia do Monte Branco da Ponteceso. E decontado sentiu a necesidade de construír o gran poema épico fundacional da nosa lingua, durante longuísimos anos escribiu Os Eoas, o relato iberista en lingua nosa que el quixo distanciar da realidade galega e situar no Atlántico e nunha historia que non era a nosa. Distanciamento vaticinante pois, iso tamén é Pondal. A súa cova, en San Amaro da Coruña, está tamén fronte ao mar de Breogán. Iremos pórlle carrascas amouradas ou unha rosa de Corcoesto.
* Obra
–A campana d´Anllóns, 1895
–Queixumes dos pinos, 1886
–O Dolmen de Dombate, 1895
–Os Eoas, 2005 [edición de Manuel Ferreiro]
Eduardo Pondal
*Ponteceso, 1935
*A Coruña, 1917
Gonzalo López Abente. Día das Letras Galegas, 1971
Por Xosé María Lema Suárez
Aínda que tamén foi narrador e dramaturgo, destacou sobre todo como poeta. É un dos nosos grandes poetas do mar, sendo o seu o mar bravo e inquedo da Costa da Morte. En 1909 casou coa súa curmá Balbina Abente, que lle morreu de parto ó ano seguinte e iso condicionaría a súa vida e obra. O seu primeiro poema (Un velorio na aldea) data de 1899, con apenas 21 anos. Na segunda década do século XX acadou sona como escritor e a Real Academia Galega farao académico correspondente. O seu compromiso co idioma propio sempre foi claro; en 1921 escribe: «Ao falar deste meu vello e querido pobo, coido que sería ridículo facelo noutra fala que non fose a mesma del, a que decote lle serviu para as súas necesidades». Participará nos movementos a prol do idioma e do galeguismo, uníndose ás Irmandades da Fala (1916), á Asemblea Nazonalista (1917) e á Irmandade Nazonalista Galega (1922). En 1926 entra no Seminario de Estudos Galegos. En 1936 participará na campaña do Estatuto de Autonomía de Galicia. Polo seu compromiso galeguista e republicano será represaliado polos sublevados en 1936, que o deixarán sen emprego. En 1941 entrou como numerario na RAG, cun discurso sobre a poesía de Pondal. No 2011, por iniciativa do Concello muxián, créase en Muxía a Fundación Gonzalo López Abente para difundir a súa obra.
* Obra
–Escumas da ribeira, 1911
–D´Outono, 1924
–Nemancos, 1929
–Vaosilveiro, 1929
Gonzalo López Abente
*Muxía, 1878
*Muxía, 1963
Celso Emilio Ferreiro. Día das Letras Galegas, 1989
Por Alba Nogueira López
É Celso Emilio Ferreiro un dos poetas máis recitados e cantados da poesía galega. Unha poesía que el quere comprometida, «de defensa, de denuncia, de ataque», en relación cos problemas da humanidade. A «longa noite de pedra» que atravesou o noso país coa ditadura encontra nos versos do poeta unha voz de defensa da liberdade, dos oprimidos, da lingua, do país.
Celso Emilio simboliza con esa súa vida e obra a historia de Galiza do século XX. Tras participar na Federación de Mocedades Galeguistas, chegando a ser secretario de organización e concelleiro nacionalista en Celanova, é obrigado a participar na Guerra Civil nas filas do bando sublevado. Ao finalizar a guerra estuda Dereito e mantén unha actividade cultural intensa. É un dos membros fundadores da Unión do Povo Galego en 1964. Vese empurrado pola represión franquista a buscar acubillo en Venezuela en 1966, onde traballa na Irmandade Galega de Caracas, da que acabará sendo expulsado por presións do embaixador de España pola orientación do seu labor dinamizador, abertamente inconformista e incómodo para os desleigados que campaban á fronte das sociedades. Regresa a Madrid en 1973 exercendo un continuado traballo cultural e político ata a súa prematura morte.
* Obra
–Cartafol de poesía, 1935
–O soño sulagado, 1955
–Longa noite de pedra, 1962
–Viaxe ao país dos ananos, 1968
–Onde o mundo se chama Celanova, 1975
Celso Emilio Ferreiro
*Celanova, 1912
*Vigo, 1979
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta
Pingback: As crebas » Gonzalo López Abente no volume Todas as letras do Día das Letras Galegas