Arquivo da categoría: Política

Presentación de “Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina” o sábado 18 de febreiro, ás 11:30 no Museo do Pobo Galego

Este libro, que reúne 42 poemas e 12 ilustracións, quere ser máis unha expresión da inmensa solidariedade galega co pobo palestino. Do mesmo modo que millares de persoas saen ás rúas da Galiza en protesta polo xenocidio que o sionismo … Sigue lendo

Publicado en Poesía, Política, Presentacións | Deixa un comentario

«Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade

Anda xa por algunhas librarías do País e tamén se pode adquirir no sitio web de Tempo Galiza Editora a antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade, á que contribuín co meu poema inédito até hoxe «Gaza on fire … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Historia, Poesía, Política | Deixa un comentario

Poesía contra a barbarie. A voz da muller palestina: Suheir Hammad e Dareen Tatour

Velaquí as versións de senllos poemas de Suheir Hammad e Dareen Tatour elaboradas para a lectura pública Poesía contra a barbarie. A voz da muller palestina que se vai celebrar mañá en Compostela. Outra acción máis na solidaiedade co pobo … Sigue lendo

Publicado en Poesía, Política, Versións ou traducións | Deixa un comentario

Artigo en QPC (CII): Camariñas, Carnota, Cee, Mazaricos e Muros no libro Os mestres mortos daquel verán, de Narciso de Gabriel

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro. Desta volta para honrar a memoria dos docentes costeiros asasinados polos franquistas e que se lembran no ensaio Os mestres mortos daquel … Sigue lendo

Publicado en Historia, Política, Recensións | Deixa un comentario

Aramados: os meus nove meses polos campos de concentración de Francia, de Manuel García Gerpe, no programa «Diario Cultural» da Radio Galega

A xornalista Belén Regueira, a quen agradezo a súa lectura e a súa atención, dedicoulle uns minutos no programa «Diario Cultural» da Radio Galega ao libro Aramados: os meus nove meses polos campos de concentración de Francia, de Manuel García … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Documental, Epistolarios, Historia, Memoria Literaria, Narrativa, Política, Radio, Teatro, Versións ou traducións | Deixa un comentario

Artigo en QPC (XCIX): Unha cala sobre os «Fillos Adoptivos» na nosa literatura

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para reflexionar sobre a presenza da declaración de «Fillos Adoptivos» relacionados coa nosa literatura nos concellos do noso País . … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Estudos literarios, Memoria Literaria, Narrativa, Poesía, Política, Premios, Versións ou traducións | Deixa un comentario

Recensión a Reboiras, o camiño da rebeldía, de Xurxo Martínez González e Xosé Manuel Pereiro, en Grial 233

No último número, 233 (xaneiro, febreiro e marzo do 2022) de Grial. Revista Galega de Cultura, que desde hai días xa anda polas librarías, e tamén se pode adquirir desde a propia páxina da Editorial Galaxia, asino na habitual sección … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Documental, Efemérides, Entrevistas, Historia, Política, Recensións | Deixa un comentario

Artigo en QPC (XCVIII): Combatendo os prexuízos sociolingüísticos. Galicia, lo gallego y los gallegos, de Fernando Cabeza Quiles, nova edición, en castelán

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para saudar o lanzamento dun ensaio sociolingüístico de Fernando Cabeza Quiles, que xa tivera unha edición anterior en galego. Velaquí … Sigue lendo

Publicado en Historia, Lendas e mitos, Lingua, Política, Tradicións | Deixa un comentario

Artigo en QPC (XCVI): «A Costa da Morte na obra de Florencio Delgado Gurriarán»

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para divulgar a escasa presenza da Costa da Morte na obra do poeta Florencio Delgado Gurriarán, autor que lembramos nas … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Efemérides, Estudos literarios, Historia, Poesía, Política | Deixa un comentario

«Florencio Delgado Gurriarán, o poeta galeguista no exilio mexicano», artigo publicado na Revista Luzes 103

Engado ao repositorio destas crebas.gal o artigo escrito para a Revista Luzes 103, dirixida por Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, correspondente ao mes de maio, que se publicou a xeito de monográfico dedicado ao autor que homenaxeamos no Día … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Cinema, Documental, Efemérides, Entrevistas, Estudos literarios, Fotografía, Historia, Lingua, Memoria Literaria, Poesía, Política | Deixa un comentario