Arquivo da categoría: Estudos literarios

«Unha ‘citopatoloxía’ dos poetas dos noventa», artigo no volume intitulado Faladoiro xubiloso con Ramón Nicolás

O noso amigo Ramón Nicolás, escritor e crítico literario, vén de lle poñer ramo ao seu labor profesional como profesor de Lingua e Literatura Galega. Un nutrido grupo de amigas e amigos artellamos como presente un volume intitulado Faladoiro xubiloso … Sigue lendo →

Publicado en Antoloxías, Estudos literarios, Memoria Literaria, Narrativa, Poesía | Deixa un comentario

Fernando Cabeza Quiles, un sabio da Onomástica, in memoriam

(Fernando Cabeza Quiles nunha foto de Ana García, La Voz de Galicia) Esta bitácora crebas.gal vén sobrevivindo como repositorio de textos publicados noutros lugares, como sucede con este artigo intitulado «Fernando Cabeza Quiles, un sabio da Onomástica, in memoriam», unha … Sigue lendo →

Publicado en Estudos literarios, Lingua, Memoria Literaria, Narrativa, Obituarios | Deixa un comentario

Artigo en QPC (CIX): Un poema do muxián Xervasio Paz Lestón nun libro prohibido pola censura franquista

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro. Desta volta un artigo sobre a presenza dun poema do muxián Xervasio Paz Lestón nunha obra prohibida pola censura franquista e que … Sigue lendo →

Publicado en Antoloxías, Estudos literarios, Memoria Literaria, Poesía | Deixa un comentario

Carta derradeira para o bibliotecario Mon Rey Senra

Mon Rey Senra, nunha imaxe de 2004 ©José Manuel Casal Carta derradeira para o bibliotecario Mon Rey Senra “Ordenar bibliotecas es ejercer, / de un modo silencioso y modesto, / el arte de la crítica”. Jorge Luis Borges, Elogio de … Sigue lendo →

Publicado en Estudos literarios, Historia, Obituarios | Deixa un comentario

«Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243

No último número, 243 (xullo, agosto e setembro do 2024) de Grial. Revista Galega de Cultura, que desde hai días xa anda polas librarías, e tamén se pode adquirir desde a propia páxina da Editorial Galaxia, asino na habitual sección … Sigue lendo →

Publicado en Biografía, Estudos literarios, Memoria Literaria | Deixa un comentario

Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)

A Biblioteca do Consello da Cultura Galega acolleu esta mañá do 17 de xullo o lanzamento de tres novas obras relacionadas coa emigración galega. Unha delas é a edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha … Sigue lendo →

Publicado en Estudos literarios, Narrativa, Presentacións | Deixa un comentario

«Nemancos (1953-1954), a revista dirixida por Baldomero Cores Trasmonte», artigo en Grial 239

No último número, 239 (xullo, agosto e setembro do 2023) de Grial. Revista Galega de Cultura, que desde hai días xa anda polas librarías, e tamén se pode adquirir desde a propia páxina da Editorial Galaxia, asino na habitual sección … Sigue lendo →

Publicado en Efemérides, Estudos literarios, Historia, Lendas e mitos, Memoria Literaria, Narrativa, Poesía, Tradicións, Xornalismo | Deixa un comentario

70 minutos: Ricardo Gurriarán e Miro Villar analizan a figura de Florencio Delgado Gurriarán

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) dispoñibilizou na súa canle de youtube a gravación «70 minutos con Ricardo Gurriarán e Miro Villar» gravada a finais do pasado ano. Neste audiovisual, Ricardo Gurriarán e eu propio analizamos a figura de Florencio Delgado … Sigue lendo →

Publicado en Biografía, Efemérides, Entrevistas, Estudos literarios, Gravacións, Historia, Lingua, Memoria Literaria, Poesía | Deixa un comentario

No lanzamento do facsímile do Manifesto Máis Alá, de Álvaro Cebreiro e Manuel Antonio

Recuperamos no noso repositorio as tres crónicas publicadas na prensa dixital sobre o acto de lanzamento no fisterrán Hotel Literario Bela Fisterra, que rexenta o ceés Pepe Formoso, dun libro en conmemoración do centenario da edición facsimilar do Manifesto Máis … Sigue lendo →

Publicado en Efemérides, Estudos literarios, Lingua, Manifestos, Poesía, Presentacións | Deixa un comentario

«Viaxe de Rens a Reus. Á busca do románico catalán: As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras»

(As fotografías que ilustran esta anotación son de autoría propia, agás esta do grupo de Xosé Ameixeiras) Logo duns anos de ausencia reincorporámonos ás xeiras viaxeiras. «Viaxe de Rens a Reus. Á busca do románico catalán», foi o título desta … Sigue lendo →

Publicado en Arte, Estudos literarios, Fotografía, Historia, Lendas e mitos, Lingua, Roteiros, Tradicións | Deixa un comentario