(Fotografías tiradas da bitácora A Fraga dos Mouros, do fisterrán Iván Fraga. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Hai máis de dous anos sobre o sitio patrimoniogalego.net escribín esta anotación por mor das súas tres fichas elaboradas sobre a miña parroquia de Toba (Cee), parte fundamental do paraíso propio da infancia. Desta volta regreso a eles para reproducir a súa recente ficha sobre o lugar de Caneliñas (Cee) e a súa factoría baleeira, que cesou a actividade en 1985 coa moratoria internacional sobre a caza das baleas. Aínda lembro ben ollar algunha vez os barcos baleeiros no peirao de Corcubión.
Patrimonio Galego preséntase como «Un proxecto colectivo: inventariar todo o patrimonio cultural galego. O patrimonio é dos cidadáns. Esta web quere facer o patrimonio para os cidadáns. Coñecer que é o que temos e en que estado se atopa». E a día hoxe tan só lles restan 339 fichas para chegar aos 8000 bens catalogados!, polo que reiteramos os nosos parabéns polo seu excelente labor de compilación, estudo e investigación.
Elixio Vieites asina a ficha de Caneliñas, que reproduzo ao completo, aínda que substituín as fotografías que a acompañan polas imaxes do meu ex-alumno e benquerido amigo fisterrán, Iván Fraga, tiradas do seu interesante e coidado blogue A Fraga dos Mouros.
Mais antes diso engado aquí uns versos da miña autoría onde se cita Caneliñas. Pertencen ao meu libro de poemas As crebas (Espiral Maior, 2011).
28
O cárcere
dame tu mano
espera
debo ajustar mi cuerpo
hasta alcanzarte
«Dame tu mano», Saudade (1999), CLARIBEL ALEGRÍA
Máncaste como o Sol de febreiro dá en Gures e sentes o abandono na pel de Caneliñas, un lugar de cetáceos, confín da desmemoria que proe nos sentidos con reverberación.
Pensas de xeito inútil qué axustes no teu corpo son precisos agora no leito das baleas para non percibires arpóns cheos de dúbidas a desangraren lentos os solpores do inverno.
E soñas co panóptico dun cárcere distante, non é Reading, son outras as baladas e o canto fala de liberdade, sutil antimonía, e comungas cos presos os motivos da culpa, todos tan diferentes como as mans que descobres, semellantes ás túas no afán inaprensible.
E velaquí a ficha de Patrimonio Galego:
Baleeira de Cañeliñas
Catalogouno ELIXIOVIEITES o Nov 17, 2015
Tipo de ben: Industria, Porto,
Concello: Cee / Fisterra (comarca)
Parroquia: A Ameixenda (Santiago)
Lugar: Caneliñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A factoría foi promovida pola compañía dos noruegueses Lorentz F. Bruun e Carl F. Herlofson no mes de novembro de 1924. Estes socios xa tiñan montado a “Compañía Ballenera Española, S.A.”, en 1914, e despois do retraso da primeira guerra mundial montaran outra en Getares (Algeciras. Cádiz) no ano 1921.
A baleeira de Caneliñas contaba cun peirao de amarre, construído na banda dereita da abrigada enseada, a onde chegaban os barcos cos cetáceos atados pola cola. De alí eran arrastrados por unha rampla que estaba na ribeira esquerda ata unha chaira de traballo duns cen metros de lonxitude. Neste pegábanselle os primeiros cortes ao animal e despois pasábanse ao edificio principal, onde eran cocidos para a obtención de aceite. Este quedaba almacenado en grandes depósitos ao longo do peirao de onde pasaba aos barcos de transporte por unha mangueiras de trasvase.
A baleeira de Caneliñas tivo o seu apoxeo nos anos 70, e nesa época contaba con máis de cincuenta empregados. As principais especies que pescaban eran baleas brancas, azuis e cachalotes, que pasaban a penas 40 millas do Cabo Fisterra. Foi a última baleeira en funcionar en todo o Estado, pechando en 1985, despois da de Morás, Xove (Lugo) no 1976 e Punta Balea, Cangas do Morrazo (Pontevedra) no 1983
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Referencias bibliográficas:
Aguilar, Alex. Chimán. La pesca ballenera moderna en la península Ibérica
ISBN 978-84-475-3763-1. Ano de edición 2013
http://www.publicacions.ub.edu/refs/indices/07941.pdf
http://afragadosmouros.blogspot.com.es/2012/12/a-factoria-de-canelinas-e-os-cazadores.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado:
Latitude: 42.914972835
Lonxitude: -9.15562391281
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
E para ilustrarmos esta anotación, reproduzo a obra Balea – Caneliñas (Acrílico / papel) do artista Carlos Botana, que coñecín a través da bitácora da revista dixital Palavra Comum e que tamén se pode ollar no seu blogue, xunto a moitas outras que teñen a Costa da Morte como inspiración.
(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta