Campanades a Morts, de Lluís Llach


Na páxina da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) tamén lembran a canción “Campanades a morts” de Lluís Llach e engaden esta explicación:
O 3 de marzo de 1976 foron asasinados 5 traballadores en Vitoria pola acción brutal da policía. O ministro de interior era o demócrata Fraga Iribarne (chamado tamén frega e varre). Lluis Llach compuxo unha obra titulada “Campanades a morts” (“Badaladas a mortos”) en Memoria daquela acción criminal. Os seus versos din así:
I
Badaladas a mortos
lanzan un berro na guerra
dos tres fillos que perderon
as tres campás negras.
E o pobo recóllese
cando se achega o laio;
son xa tres penas máis
para a nosa memoria.
Badaladas a mortos
polas tres bocas pechadas;
Ai daquel trobador
que esquecese as tres notas!
Quen segou todo o alento
daqueles corpos tan novos
sen outro tesouro
que a razón dos que choran?
Asasinos!
Asasinos de razóns!
Asasinos de vidas!
Que nunca teñades repouso en ningún dos vosos días
e que até a morte os persigan as nosas memorias.
Badaladas a mortos
lanzan un berro na guerra
dos tres fillos que perderon
as tres campás negras.
II
Abrídeme o ventre
para o seu repouso,
dos meus xardíns
traede as mellores flores.
Para estes homes
cavádeme fondo
e no meu corpo
gravade os seus nomes.

Esta entrada foi publicada en Historia, Música, Política. Garda a ligazón permanente.