A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) instituíu o 30 de xaneiro como o Día da Ilustración, data do nacemento de Castelao, e que pretende lembrar a traxectoria dunha persoa abondo significada nese ámbito. Este ano de 2018, en colaboración coa Consellaría de Cultura, a AGPI decidiu centrar a súa homenaxe na obra e na vida truncada polo fascismo de Camilo Díaz Baliño (Ferrol, 1889 – Palas de Rei, 1936), desenvolvendo unha serie de actividades e divulgando na rede un magnífico espazo de homenaxe ao artista, co vídeo que abre esta anotación e coa cumprida información que se inclúe no sitio web http://www.diadailustracion.gal/
Alén das achegas da AGPI hai outras varias que se centran en Camilo Díaz Baliño, entre as que salientamos o espazo que lle dedica culturagalega.org ou a ampla selección de materiais que dixitalizou e dispoñibilizou Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia, grazas ao depósito que lle cedeu o seu finado fillo Isaac Díaz Pardo en 2011, meses antes do seu falecemento. Por certo, neste sitio web fálase de “Camilo Díaz Baliño, falecido en 1936″, sen nomear en ningún momento que se tratou dun asasinato a mans da barbarie da represión fascista.
Galiciana recolle tesxtos dedicados a Camilo Díaz Baliño antes da súa morte, mais quen sempre lembraron a causa do asasinato do artista foron os poetas galegos e, en primeiro lugar, moitos da diáspora e o exilio. Entres eles están os versos de Xervasio Paz Lestón e de Antón Zapata García, que malia seren emigrantes abrazaron o ideario antifranquista, galeguista e republicano.
Antón Zapata García (Laxe, 1886 – Bos Aires, 1977) publicou a primeira referencia coñecida en galego, citando a Camilo Díaz Baliño no seu poema «Na morte de Lexandro Bóveda», que apareceu no Galicia, Federación de Sociedades Gallegas, Bos Aires, nº 524, 27 de xuño de 1937. Publicouse precedido dun debuxo sen asinar (aínda que se atribúe a Castelao), que representa o rostro de Bóveda asasinado cunha bala na fronte. De aquí foi reproducido polo académico Xesús Alonso Montero, na Coroa poética para un mártir. 35 poemas á morte de Alexandre Bóveda (1936-1994). Vigo: Xerais, 1996. O profesor nas súas «Notas ós poemas», ademais da localización do texto e doutros datos de interese, sinala: «No verso 53 cítase, entre os asasinados, a Ánxel Fole, crenza moi estendida nestas datas». O poema de Antón Zapata tamén foi compilado por Manuel Fernández Rodríguez, Poemas pola memoria (1936-2006). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. 2006. Velaquí o texto ao completo:
NA MORTE DE LEXANDRO BÓVEDA
Pra tí, Lexandro Bóveda
—¡irmán escrarecido,
vida próveda!—:
Con requeimantes bágoas nos ollos
e na dôr afundido,
non encontro máis verbas no contido
do noso craro idioma, que adouraste,
(¡pra maldicer aqueles que os ferrollos
de Galiza remachan noite e día,
anque tí os perdoaste,
porque eras nobre, bô e xeneroso!),
que estas verbas: ¡Non son da nosa caste
os lobicáns e os lobos da xauría
que os dreitos arrasóu do povo noso
e â túa intelixéncea aborrescía!…
¡Non é!, ¡non é! da nosa enxebre sangue
a banda de traidores,
malvados e asesiños
que â nosa terra abrangue
i-ôs seus máis caros fillos, guiadores,
asesiñaron xunto ôs seus filliños
—nas aldeias, nos montes e nos vales—
i-ô pé dos seus maores
ou xunto ôs seus igoales
—d-abós e pais, d-irmáns ou da siñora—,
e, por eles, agora,
“A CAMPANA d-ANLLÓNS”, doída, tangue
e a irmán, de BASTABALS, doída, chora!
¿Qué van ser irmáns, pra nós, os seres
que trouxeron â moura moureiría
—empúdeca, babeante, sin homía—,
non respetando nenas nin mulleres?:
¡Galegos desleigados, sin concencia,
que n-houberon cremencia
pr-aqueles bôs irmáns das nosas almas,
esgrevos lumiñals da nosa cencia
e sopostallos lus das nosas artes
das nosas forzas vivas
—¡sinxelamente calmas!—
asesiñados todos no CAMIÑO
da REDENZON das LUCES RÊDIVIVAS,
dos sagros balüartes
da Sancta COMPOSTELA
—¡Nova XERUSALEM tremente en palmas,
procramada na voz da BERENGUELA!—
e que se choran xá por todas partes,
con fraternal cariño,
por onde padricaron
e, boandanzas, cantaron
ô pé do Altar da Patria, car-ô Sole:
Quintanilla, Casal, Díaz Baliño,
Xan Carballeira, Casas, Lustres Rivas,
Xosé A. Suárez Picallo, Anxel Fole
e outros centos de irmáns non menos outos
ô corazón que os chora xa finidos:
¡Co-as balas dos traidores furacados
diante ô tráxico asombro dos petoutos
e os “Queixumes dos Pinos” abraiados!,
mouradores no ALEM, ¡non redimidos!,
e que recraman, ¡forte!, ser vengados!…
Tí fóstel-o Moisés que abreu as fontes
das riquezas da Nosa Nai Galega,
hastra agora aldraxada, magöante:
¡Pol-os necios, pechándolle ourizontes;
pol-os pillos, roubándolle a talega;
e facéndoa, os caciques, emigrante!…
¡Tí fostes, bô Lexandro, o Xesucristo
diante ô Abrente das luces do Dereito
ensinando os Camiños da Verdade
—¡car-a cara co-a lus da Dinidade!—
e, por eisí aituar, teu nobre peito,
aniñando tenruras, foi desfeito
no crime mais atrós nos homes visto!…
Tí, como os Precursores,
meresces os máis férvedos loubores.
¡No “Alem”, no “Mar dos Silenzosos”,
na “Soidade”, onde mores,
teral-o ben querer dos irmáns nosos!
¡Non-os chores, Lexandro, non-os chores
na tráxica partida!:
¡Tí seral-o Druída
oficiando no Altar do Sentimento!:
—¡Por todol-os irmáns que nos mataron
por amar o Galego Encumiamento
que agora, como outrora, nos tallaron
n-un crime xamáis visto!;
mais, como Xesucristo,
no triste camposanto…
¡¡terá Rexurdimento!!…
¡¡Santo!!… ¡¡Santo!!… ¡¡¡Santo!!!…
Pola súa banda, Xervasio Paz Lestón (Serantes, Moraime, Muxía, 1898 – Bos Aires, 1977) cita o artista no seu poema «A Galicia» [Alborada, nº 128, xullo a setembro de 1945], que compilei na obra que recolle a miña Memoria ou Tese de Licenciatura, A poesía galega de Xervasio Paz Lestón. Edición e estudo, unha dura acusación contra o “caudillo” Francisco Franco, na que mesmo se nega a súa orixe galega e se lle chama bastardo ou besta carniceira. E xa nos últimos versos recóllese a esperanza de que a liberdade está próxima e lémbrase dos moitos mártires galegos, que simboliza nos nomes de Xaime Quintanilla, Alexandre Bóveda, Camilo Díaz Baliño e Ánxel Casal, todos catro asasinados nos primeiros días do golpe fascista.
A GALICIA
Con versos inmortales, por Deuses esculpidos
en mármores e bronces, quixérate alaudar,
Galicia inesquecibre, prisión dos meus sentidos,
verxel paradisíaco de ceo, terra e mar.
Unirme aos mil xoglares cantores da beleza
do teu divino chan cô máis aceso amor;
tuas xeiras do pasado, sublimes de grandeza,
cantar coa branca lira d-un épico cantor.
E ser tamén profeta da gran futuridade
que che anunciou a voz do gran bergantiñán
vibrante inda nos ecos, de rouca maxestade,
dos tumbos medoñentos que baten o Vilán.
Con versos inmortales, por Deuses esculpidos
en mármores e bronces, quixérate alaudar,
Galicia…, pero sóio guerreiros alaridos
me xurden desde a-ialma sedenta de loitar.
Propicias non se amostran as horas que vivimos
pra que os espritos podan a vida embelecer;
as tebras ominosas dos tempos que sufrimos
sô dan a alternativa: ¡loitar ou perecer!…
Este é o presente escuro que os vates proclamaron
preanuncio de un futuro de rutilante luz
pra raza, cuios feitos os orbes asombraron,
¡que non soporta ferros de infame escravitú!
(Que é fruito de tal raza, dixeron do “Caudillo”:
¡sagrílega mentira!, o máiximo traidor
tan sóio pode sere da bastardía fillo,
nacido dos lameiros de turbio deshonor…
Mentira que os seus ollos viran a luz primeira
n-algún fidalgo pazo da vila do Ferrol;
non pode ser galega a besta carniceira
que, sâdica, xogou o mâis infame rol).
Mais xa está preto o día da santa libertade,
algúns chispazos brilan na senda do porvir:
detrás de roxa aurora virá a craridade
que as tebras do presente fará esparexir.
¡I-o sangre xeneroso dos mártires, Galicia,
de Quintanilla, a Bóbeda, de Díaz a Casal,
a Themis lle reclama que a espada da xusticia
se abata sobre a gorxa do fero criminal!
Non pode haber clemencia nin pode haber piedade
pra o indiño criminal con alma de Caín
que, pra afogar a voz da santa libertade,
a patria traicionou perxuro, falso e ruín.
E cando os anos pasen, a sangre dos caídos
será máis venerada que agora o Sant Grial;
ao seu recordo sagro, en cantos nunca ouídos
dirá broncas estrofas outro baril Pondal…
En versos inmortales por Deuses esculpidos
quixérate, Galicia, meu numen alaudar,
si foran tempos estos de cantos repolidos
e non de fera loita, de rexo batallar.
¡Quixera por tal causa que os de hoxe foran duros,
de roca, de diamante, de berro loitador,
que batan nas consencias de fêridos i escuros
culpabres de estas horas de tráxico dolor!
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta