Cabana de balieiros, novela gráfica de Tokio


Velaquí un book-trailer ou video promocional da novela gráfica Cabana de Balieiros, do autor Tokio (pseudónimo do noso amigo Alfredo López), publicada por Demo editorial. No trailer as ilustracións aparecen con música do tamén ilustrador Manel Cráneo. Non debería faltar en ningún andel de libros e en ningún centro de ensino esta novela gráfica que conta unha historia de acción e aventuras ambientada na Costa da Morte durante o século XIX. Os trazos de Tokio son espléndidos, non o imos descubrir agora, e o guión está moi ben documentado, mesmo con referencias a acontecementos históricos como a traxedia do buque Serpent a carón do cabo Vilán (Camariñas).

Esta entrada foi publicada en Arte, Banda deseñada, Contos, Historia, Lendas e mitos, Narrativa. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “Cabana de balieiros, novela gráfica de Tokio

  1. Tokio di:

    Alégrome que che gustara a historia, agardo terlle sabido debuxar o salseiro entre as páxinas!.
    Apertas

Os comentarios están pechados.