Breve galería fotográfica da presentación de Elos de cinza de Xosé Manuel Lobato en Sigüeiro

Elosdecinza13-11-15(1)
Elosdecinza13-11-15(2)
(Fotografías de ©X. Carlos Rodríguez, a quen agradecemos a licenza para as reproducir. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Este último venres 13 de novembro, malia os rigores da catarreira outoniza que deu en afonía, estivemos no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro (Oroso) para realizarmos unha nova presentación da última entrega narrativa do amigo Xosé Manuel Lobato, intitulada Elos de cinza (Ezaro edicións, 2015), nun acto organizado por Luís Rey Villaverde, concelleiro de Cultura e Deporte de Oroso.
Do mesmo xeito que fixeramos en Arteixo, na libraría Á lus do candil, que gobernan o poeta fisterrán Modesto Fraga e a súa compañeira Alba Rodríguez (como se contou aquí), tamén optamos pola entrevista, unha modalidade máis dinámica, na que máis unha vez fixen os labores dun xornalista incómodo que lle realizou un cuestionario de dez preguntas.
Xosé Manuel Lobato non eludiu ningunha das preguntas, aínda que ás veces procurase nas respostas outras matizacións, e revelou ao medio cento de asistentes algúns deses elos nos que se alicerzou o seu relato.
O noso amigo X. Carlos Rodríguez fíxonos chegar unha boa galería de imaxes, das que seleccionei as catro que acompañan a anotación.
Elosdecinza13-11-15(3)Elosdecinza13-11-15(4)

Esta entrada foi publicada en Fotografía, Narrativa, Presentacións. Garda a ligazón permanente.