(Sinfonía Nº 5 D. 485, de Franz Schubert, interpretada pola Orquestra de Cámara de Moscú. Director: Rudolf Barshai, finado en 2010)
Esta mañá puiden acompañar a Ignacio Portela, profesor de Música, e ao alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO do CPI Viaño Pequeno, a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia, unha grata experiencia que adoito o noso alumnado non chega a valorar na súa xusta medida, a importancia de asistiren a eventos coma este, e o mesmo poderíase dicir se falamos dunha representación teatral ou da visita a unha exposición nun museo artístico, científico ou o que for, e mesmo dun roteiro a realizar no medio natural ou no noso patrimonio cultural.
Sempre lembro que na miña etapa de alumno da antiga EXB ou do antigo BUP en Cee raras eran as veces que faciamos unha saída e o saber musical, dispensado por profesorado que adoitaba ser de Historia e sen coñecementos da materia, ficaba en moita Historia da Música (debín aprender o nome de todos os compositores) e nalgunha audición, sen estímulo ningún.
E hoxe foi un deleite poder escoitar unha orquestración formada por profesorado da Real Filharmonía de Galicia e alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, baixo a batuta do director galego Diego García Rodríguez, quen nos ofreceron un concerto didáctico coa interpretación da Sinfonía nº 5 de Franz Schubert, unha peza que neste 2016 cumpre douscentos anos de historia. Escoitamos a totalidade da sinfonía, mais ao principio e no intervalo entre cada unha das partes o director ofreceunos breves explicacións didácticas.
Coa música de Franz Schubert aínda na cabeza lembrei que o austríaco debe ser un dos compositores que máis inspirou a nosa literatura. Lonxe de facer un estudo exhaustivo, para o que este non é o lugar e tampouco teño moito vagar, veume á memoria o moito que era aprezado pola poeta Luísa Villalta, tristemente finada en 2004 con tan só 47 anos, e polo seu compañeiro o compositor e tamén escritor Paulino Pereiro. Este último ten unha narración, que foi finalista do Premio «Manuel Lueiro Rey» de Novela Curta, intitulada Sinfonía cíclica (Sotelo Blanco, 2004, col. Medusa / Narrativa), cuxa temática está centrada no mundo da música e dos músicos. Desta recensión sen asinar tirada do Informe de Literatura 2004, dispoñible na web do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (http://www.cirp.es) en recursos en liña, reproduzo este fragmento argumental:
«O punto de partida sitúase na chegada de Lucrecia Ferreira, violinista de trinta e un anos, a unha pequena cidade de provincias para ocupar a praza de concertino da Orquestra Sinfónica. A partir deste inicio, a historia avanza e retrocede para reconstruír o pasado de Lucrecia e, á par, ir presentando a situación actual da protagonista. Deste modo, cóntase a súa infancia lisboeta, os estudos de violín, o amor por Federico, a estadía durante sete anos como primeiro violín na Orquestra de Cámara Franz Schubert de Nova York, os dous anos en Praga dedicados a facer música de cámara con Tatiana Wilz, pianista de éxito, e o amor por Franz Groll, o poeta. Lucrecia sente que o pasado é un lastre do que debe desprenderse; mais non lle é fácil ilusionarse con proxectos de futuro e adaptarse á súa nova vida nin aos seus novos compañeiros de orquestra».
E entre as e os poetas a presenza de Franz Schubert é moito maior, tanto entre os que recoñecen a súa inspiración explícita nas súas Autopoéticas, como Vicente Araguas (aquí) como tamén implícita nos propios versos. Entre eles salientarei dous exemplos sobranceiros:
Manuel Álvarez Torneiro, no seu multipremiado libro Os ángulos da brasa (Kalandraka, 2015) dialoga moito coa música e na elexía que escribe para a finada Luísa Villalta aparece de esguello a música de Schubert.
Porén, teño para min, que o poema máis «schubertiano» da nosa literatura é un soneto de Xavier Seoane, dedicado á poeta Olga Patiño, que se inclúe na oitava parte «Dunha secreta heráldica (Homenaxes)» do libro Vagar de amor e sombra (Deputación de Pontevedra, colección Tambo, 2004) e que reproduzo deseguida:
SCHUBERT
A Olga Patiño
Como unha toupa fiel, melancolía,
visitabas o claro camarada
da ensoñación máis pura e desolada,
da tenrura máis lene e fuxidía.
Nada, no seu xardín, avivecía
como a rosa infinita e namorada
dunha vida ao inmenso ceo alzada
no máis nocturno resplandor do día.
Compañeiro do mosto gris da lúa,
acollía o seu corpo estremecido
a unha paixón inconsolable, núa.
E era o tremor dun astro embebecido
procurando ese ardor que se extenúa
na imposible canción do eterno olvido.
Xavier Seoane
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta