Bretemada, presentación na USC este xoves


(Premer na imaxe para unha mellor lectura)
Bretemada, presentación na USC
Este xoves, 23 de febreiro, ás 20:00 horas terá lugar, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), unha nova presentación de Bretemada, o libro de poemas inédito de Gonzalo López Abente.
Neste acto de presentación intervirán Juan José Casares Long, Reitor da USC e Patrón da Fundación, X. H. Rivadulla Corcón, Vicepresidente da Fundación Gonzalo López Abente, Xosé Manuel Salgado, profesor de Literatura Galega da USC, Henrique Alvarellos, editor e Miro Villar, responsable da edición de Bretemada e Patrón da Fundación.
Doutra banda, algúns medios recolleron o noso proxecto de edición na colección Omnia de Espiral Maior da Poesía Galega Completa de Gonzalo López Abente para o ano 2013, no cincuentenario da morte do autor.
No diario dixital quepasanacosta.
Na páxina culturagalega.org.
Na AELG (Asociación de Escritores/as en Lingua Galega).
E tamén no xornal La Voz de Galicia, do que reproduzo a imaxe.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.