Bretemada, o libro inédito de Gonzalo López Abente, xa está nas librarías


Bretemada, o poemario inédito de Gonzalo López Abente, do que xa falamos nesta bitácora aquí e acolá, xa está nas librarías, tal e como informan a editorial Alvarellos e algúns medios de comunicación do noso País. Velaquí:
No portal poesiagalega.org.
No portal da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, aelg.
Na rede social do libro galego redelibros, no andel de novidades de fervenzasliterarias e nos andeis virtuais de moitas librarías.
No dixital da Costa da Morte quepasanacosta.
Na edición comarcal de La Voz de Galicia.
Até en eleconomista, o que di moito e ben da promoción que fixo a nosa editora.
E o noso sabio lexicógrafo Antón Santamarina, a partir do noso traballo, xa incluíu esta obra no Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG).
A nosa gratitude a todos.

Esta entrada foi publicada en Estudos literarios, Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.