Bretemada, no programa Eirado da TVG2


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Falouse xa aquí da nosa presenza na gravación do programa Eirado, que dirixe Pemón Bouzas, para falar durante máis ou menos dez minutos sobre Bretemada, de Gonzalo López Abente. A emisión deste programa foi na medianoite do pasado día 3 de decembro, mais agora xa se pode ollar na web da CRTVG nesta ligazón de televisión á carta. No caso de só quererdes escoitar a entrevista esta vai dende o minuto 18:30 até o 27:05, porén eu recomendaría toda a emisión que inclúe outras dúas entrevistas de interese, a que abre con Francisco Maseda que ía presentar o seu libro Galego de lei, sobre a figura do conde de Gondomar, e a que pecha o programa con Xosé María Gómez Clemente, presidente da Asociación de Tradutores Galegos, que ía falar sobre todo da situación da tradución e do proxecto Bivir. E non faltou a música, desta volta con “Nosa Señora do Sol Menor” e “Pemento bluegrass” de Vai; así como a recensión sobre a estrea da nova película de Robert Redford, “A Conspiración”, que recupera un dos episodios máis escuros da historia dos Estados Unidos: a execución dunha muller acusada inxustamente de participar no asasinato do presidente Lincoln, e finalmente un percorrido artístico polo Mosteiro de San Pedro de Tenorio, na localidade pontevedresa de Cotobade.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Presentacións, Televisión. Garda a ligazón permanente.