Bretemada, de López Abente, no prelo


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Bretemada, un poemario inédito do escritor muxián Gonzalo López Abente (proxecto do que xa falamos aquí) xa está no prelo nunha coedición da Fundación López Abente, da que fago parte, e a editorial Alvarellos. Trátase dunha obra escrita entre os anos 1917 e 1922 e que, por causas que aínda descoñecemos, o autor non chegou a editar en vida. O mecanoscrito atopouno o investigador Ernesto Vázquez Souza e estaba no legado que se gardaba na Real Academia Galega, que permitiu (por xestión do académico Xesús Alonso Montero) o acceso ao documento para a realización da nosa edición, que leva un prólogo de Méndez Ferrín, presidente da RAG. A obra será presentada en Muxía a finais de outubro. Alén diso, antes do remate do ano tamén está previsto que saia á luz a reedición de seis novelas curtas, baixo título A narrativa mariña de López Abente e cun estudo introdutorio de Suso Sambade, desta volta coeditado coa editorial Xerais. A prensa de hoxe fíxose eco desta nova importante para a cultura da Costa da Morte.

Esta entrada foi publicada en Estudos literarios, Narrativa, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “Bretemada, de López Abente, no prelo

  1. Pingback: As crebas » Bretemada, o libro inédito de Gonzalo López Abente, xa está nas librarías

Os comentarios están pechados.