(Nos momentos previos da presentación, Méndez Ferrín dialoga con Rivadulla Corcón, de costas, e escoitamos Henrique Alvarellos, Félix Porto, eu propio e Olivia Rodríguez. A fotografía é de Manuel Vilar. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Este pasado sábado no salón de actos do Voluntariado de Muxía presentamos o poemario Bretemada (1917-1922), unha obra inédita de Gonzalo Francisco López Abente (1878-1963). Abríu a quenda de intervencións Félix Porto Serantes, alcalde de Muxía e presidente da Fundación Gonzalo López Abente, quen presentou aos participantes e realizou un avance das propostas aprobadas unhas horas antes na asemblea xeral da Fundación. Deseguida tomou a palabra o editor Henrique Alvarellos quen manifestou a súa satisfacción por acoller na colección Rescate o libro inédito de López Abente. A directora da colección, a profesora da Universidade da Coruña, Olivia Rodríguez, subliñou a importancia da obra e explicou algúns dos seus contidos, salientando que se trata dun poema épico sobre Galicia e os seus acontecementos históricos. De por parte, na miña breve intervención agradecín á RAG, nas persoas do seu presidente Xosé Luís Méndez Ferrín e do seu secretario Xosé Luís Axeitos, as facilidades outorgadas para a edición, xa que o libro pertence ao legado do poeta na Academia. Tamén fixen lembranza de como chegou ás miñas mans a nova do mecanoscrito, por boca do investigador Ernesto Vázquez Souza e como o profesor Alonso Montero me fixo chegar a copia documental, sendo aínda presidente da RAG Xosé Ramón Barreiro. Tamén lle agradecín aos meus compañeiros na Fundación que estimasen oportuna a proposta de edición que lles presentei e á editorial Alvarellos a fermosa edición do libro. Alén diso fixen un breve resumo da Introdución e dos criterios de edición, sinalando que Bretemada é unha metonimia de Galicia, por se tratar dun texto de profundo alento patriótico, propio da época das Irmandades da Fala. Lembrei que a biografía está aínda por facer e que estando o libro no prelo coñecín novos datos sobre a recepción do libro Alento da Raza en Justícia Social. Setmanari socialista de Catalunya no ano 1921, así como a incógnita das razóns que levaron a que Bretemada estivese inédito até hoxe. E fixen fincapé no feito de que malia estas cen composicións se presentaren como autónomas, Bretemada poderíase considerar coma un poema único perfectamente estruturado.
Pechou o acto o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, que considerou a recuperación de Bretemada como un «acontecemento literario de altísima importancia», relacionou o seu contido coa literatura clásica europea e co tempo das Irmandades, alén de lembrar a pertenza de Abente á Academia e de significar o seu compromiso republicano e a súa depuración polas autoridades franquistas. Ferrín cualificou o poemario de «magnífico» e «profundamente nacionalista», o que explica «que non se publicase ata o de agora». Por último, engadiu que os «críticos literarios non preguiceiros» teñen un gran labor por diante con esta obra despois desta «decrúa feita por Miro Villar».
Ao acto asitiron preto de setenta persoas e adquiríronse sobre vinte libros. Unha resposta importante mais que está por debaixo das expectativas que eu manexaba para un acto desta trascendencia. Porén, o libro xa está recuperado e agora calquera lectora ou lector ten a oportunidade de se achegar aos versos de Gonzalo López Abente.
Velaquí algunhas ligazóns sobre o desenvolvemento desta histórica xornada:
La Voz de Galicia, sábado.
La Voz de Galicia, domingo.
Dixital quepasanacosta.
E sobre a asemblea xeral da Fundación Gonzalo López Abente.
La Voz de Galicia, hoxe luns.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta