Bretemada, de Gonzalo López Abente, nunhas páxinas de adianto



(Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Henrique Alvarellos, que é un excelente e profesional editor (alén de mellor persoa), enviounos e tamén fixo que chegasen aos medios de comunicación unha serie de materiais relacionados con Bretemada [1917-1922], o libro inédito de Gonzalo López Abente, do que mañá sábado, día 22, faremos a presentación pública no salón de actos do Voluntariado de Muxía, ás 20 horas, nun acto que organiza a Fundación Gonzalo López Abente. Eses materiais, que son propiedade da RAG, foron achegados á Editorial Alvarellos pola propia Fundación, pois a nosa secretaria Viki Rivadulla xestionou a súa cesión para a reprodución no libro. Achegamos a fotografía de López Abente que xa ilustraba a Antoloxía poética (Espiral Maior, 1995) e tamén podemos ofrecer en primicia a reprodución da cuberta do mecanoscrito orixinal de 1922 e outra da primeira páxina. Alén diso, na web da Editorial Alvarellos tamén se poden ler de balde e con boa resolución as primeiras páxinas do mecanoscrito.

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Estudos literarios, Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.