Bretemada chega mañá á sé da RAG


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
A prensa comarcal en papel, o diario dixital quepasanacosta e as páxinas literarias da AELG (Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, do repositorio poesiagalega.org ou das Fervenzas Literarias fanse eco da nosa presentación de Bretemada, o libro inédito de Gonzalo López Abente. Grazas, obrigado pola vosa difusión e o voso interese. Lembramos o desenvolvemento previsto deste acto:
A Fundación Gonzalo López Abente xunto con Alvarellos Editora convídavos a asistir à presentación do poemario inédito Bretemada de Gonzalo López Abente, que tera lugar o vindeiro día 20 de xaneiro (venres), ás 20;00 horas, na sé da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11. A Coruña).
Intervirán:
X. H. Rivadulla Corcón, vicepresidente da Fundacion Gonzalo López Abente
Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega
Henrique Alvarellos, editor
Olivia Rodríguez, directora da Colección Rescate de Alvarellos Editora
Miro Villar, responsable da edición e patrón da Fundacion Gonzalo López Abente

Esta entrada foi publicada en Estudos literarios, Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.