Breizh no «Taboleiro do libro galego» (V)


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Hai quen afirma (mesmo algún editor) que as presentacións de libros a día de hoxe non teñen rendibilidade, opinión que non comparto en absoluto e que vén a confirmar o feito de que o meu poemario Breizh (Toxosoutos, 2012), logo da presentación na libraría Á lus do candil (Arteixo) volve a estar na cimeira na quinta entrega do «Taboleiro do libro galego» (V) que o profesor e crítico Ramón Nicolás vén de publicar na súa bitácora Caderno da crítica para dar conta das vendas que rexistra a nosa literatura. Desta volta abrangue a quincena que vai do 1 ao 15 de marzo, con datos fornecidos por 15 librarías galegas moi significativas.
O taboleiro inclúe os libros galegos máis vendidos na última semana e que, por operatividade, se clasifican por xéneros: NARRATIVA, POESÍA, ENSAIO-TEATRO, INFANTIL-XUVENIL, ÁLBUM ILUSTRADO e BANDA DESEÑADA.
A carón de Breizh (Toxosoutos, 2012), desta volta por detrás veñen o poemario erótico de Elvira Riveiro Tobío e a edición ilustrada de Cantares Gallegos, o libro de Rosalía de Castro do que se conmemora o 150 aniversaio. Completan a listaxe un poetas novo: Xosé Daniel Costas Currás, e un libro de poesía infanto-xuvenil sobre Celso Emilio Ferreiro, que asinan Xosé Lastra Muruais, Xiana Lastra Pernas e a ilustradora María Manuela Díaz Orjales. Beizóns!
1º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
2º-. Carnia haikai, de Elvira Riveiro, Caldeirón.
3º-. Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, El Patito Editorial.
4º-. monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás, Pen Club.
5º-. O meu primeiro Celso Emilio, X. Lastra e outros, Edicións Xerais.

Esta entrada foi publicada en Poesía. Garda a ligazón permanente.