Breizh no «Taboleiro do libro galego» (IX)


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Continúa o inmobilismo e a parálise na edición poética da que se falou nunha anterior anotación, pois aínda non se producen novidades significativas na listaxe dos libros de poesía máis vendidos. Así, repítense máis unha vez os títulos na novena entrega do «Taboleiro do libro galego» (IX) que o profesor e crítico Ramón Nicolás vén de publicar na súa bitácora Caderno da crítica para dar conta das vendas que rexistra a nosa literatura.
Desta volta Breizh (Toxosoutos, 2012) ocupa a segunda posición na quincena que vai do 29 de abril ao 10 de maio, con datos fornecidos por 16 librarías galegas abondo significativas.
O taboleiro inclúe os libros galegos máis vendidos na última quincena e que, por operatividade, se clasifican por xéneros: NARRATIVA, POESÍA, ENSAIO-TEATRO, INFANTIL-XUVENIL, ÁLBUM ILUSTRADO e BANDA DESEÑADA.
A listaxe de poesía está conformada polos mesmos tres títulos que na anterior quincena, aínda que o primeiro e o terceiro invirtan a orde. Velaí:
1º-. monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás, Pen Club.
2º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
3º-. Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, edición de Anxo Angueira, Xerais.

Esta entrada foi publicada en Poesía. Garda a ligazón permanente.